Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Extraño río

Dídac ten dezaseis anos e viaxa en bicicleta polo Danubio coa súa familia. Entre días calorosos, un encontro inesperado cambia o rumbo da viaxe: un misterioso mozo aparece entre as augas do río. A súa presenza enigmática non só esperta algo novo en Dídac, senón que empeza a alterar a relación coa súa familia.

Galego

License to Live

Tras dez anos en coma por un accidente, o mozo protagonista esperta de súpeto nun mundo totalmente distinto ao que coñecía. Trata de reconstruír os vínculos familiares e a súa propia vida, pero non é fácil entender que a súa existencia cambiou para sempre.

 

Foto ©1999 Kadokawa Pictures

Galego

As tres outras vidas de María Santiso

Tras a curta de ficción As tres caídas de María Santiso (2019), con Lucía Veiga á fronte, sobre unha muller que vive illada nunha aldea remota; e o tráiler dun filme de mortos viventes que nunca existiu, As tres vidas de María Santiso (2022), na que a mesma protagonista “resucitaba”; As tres outras vidas de María Santiso (2024) toma a forma dun falso making of da mesma fita. Comedia negra de irreverente humor para atacar un dos grandes males de Galicia: o esmorecemento do mundo rural.

Galego

Vikingland

Un singular filme (galego) que obtivo recoñementos en Marsella, Mar del Plata e Gijón, o éxito creativo do ano. Detectando á perfección as tendencias creativas da mellor non ficción contemporánea, Vikingland, “idea e manipulación” a cargo de Xurxo Chirro, provén dun material acumulado alleo, produto das gravacións persoais do mariñeiro Luis Lomba ‘o Haia’, compañeiro de viaxe do pai de Chirro, e realizadas en Dinamarca e Alemaña entre outubro de 1993 e marzo de 1994.

Galego

Cure

O policía Takabe investiga uns estraños asasinatos. As vítimas aparecen cunha ferida de arma branca en forma de “x” e os culpables son persoas totalmente normais sen ningún motivo para cometer o asasinato. Takabe empeza a sospeitar que algo está a influenciar a xente para matar.

 

Foto ©1997 Kadokawa Pictures

Galego

Marxes Fílmicas 2025. China

En colaboración co Cineclube Padre Feijoo, con quen se iniciou en 2012 este ciclo, continúa xa coa súa décimo cuarta edición, mirando este ano cara a China. A selección realizada, busca un achegamento a outras realidades cinematográficas. Este ano, as Marxes fílmicas 2025 celebran a coincidencia coa exposición actual “Made in China”, que pode visitarse no Museo etnolóxico.

As proxeccións serán coa entrada de balde ata completar o aforo.

Os filmes que se proxectarán son os seguintes:

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual