Beirut, Oh Beirut
Beirut, oh Beirut é a primeira longametraxe de Baghdadi. Realizada e presentada ao comezo da guerra civil libanesa, parece unha profecía que a anunciaba. Nesta película, as vidas de varios personaxes (un avogado musulmán, unha moza cristiá, un obreiro do sur) entrecrúzanse cos acontecementos que tiveron lugar entre o ataque israelí ao aeroporto de Beirut en decembro de 1968 e a morte do presidente exipcio Nasser en setembro de 1970.

