Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Notes of an Itinerant Performer

Uta é unha bailarina nunha pequena compañía itinerante liderada por Monroku. Un día, farta dunha vida nómade e de que non a respecten, aproveita o abandono de Monroku e da compañía para comezar a traballar na casa dun antigo coñecido, co que coincidiu facendo de geisha substituta. Alí comeza ensinándolle á filla do seu coñecido, Nuiko, a bailar.

Galego

Armonías de Werckmeister

Un espectáculo ambulante chega a unha vila húngara coa atracción "a balea máis grande do mundo". Pronto corre o rumor de que un príncipe estranxeiro os acompaña. Mais o príncipe non se amosa nunca e a decepción leva de modo inexplicable a que a poboación masculina do lugar, nerviosa e en paro, asalte o hospital.

Galego

Adeus, Berta

Alicia chega á casa familiar na Pobra do Caramiñal para elixir a roupa que levará súa nai no velorio do pai. Alí atopa a súa irmá Berta, que acaba de saír do centro de rehabilitación onde está ingresada.

Galego

Introspection Tower

Baseada na novela de Toyoshima Yoshio composta polas notas escritas por Kumano Ryuji, xefe dunha institución para mozos delincuentes, Instrospection Tower é unha película raramente producida por un estudio na súa época, mostrando un problema social mediante un estilo documental. Nesta singular película Shimizu fálanos, desde o seu amor á infancia e o seu particular optimismo, dunha escola onde máis de 200 nenos con necesidades especiais viven en varias casas construídas nun extenso campus.

Galego

Octopus

Circulación de tráfico coma se nada pasase. Pero xunto á estrada, os cascallos seguen ardendo e os helicópteros dos bombeiros sobrevoan a zona. As tomas en primeiro plano mostran os residentes mirando en silencio desde as súas casas coas xanelas esnaquizadas. As imaxes de rúas baleiras, con muros derruídos e coches abolados pola onda expansiva, forman unha elexía acompañada dunha banda sonora ambiental. A cidade está en construción e hai algo estraño e sinistro en como a vida continúa, mesmo nas súas formas máis simples.

Galego

La condena

Karrer vive nunha comunidade mineira. Todas as súas tardes rematan no bar Titanik, cuxo dono lle ofrece ser parte dunha operación de contrabando. Karrer pásalle o traballo ao marido da cantante do bar, coa que mantén un romance. Unha historia de amor e traizón onde os espazos, os animais e o clima adquiren tanta importancia como os protagonistas. Unha das películas favoritas de Susan Sontag, próxima no seu tratamento a Antonioni ou Tarkovski.

Galego

The Masseurs and a Woman

Tokuichi e Fukuichi son dous masaxistas cegos ofrecendo os seus servizos polos complexos de baños termais situados na península de Izu. Nun destes complexos, Tokuichi atende unha muller misteriosa proveniente de Toquio chamada Michiho, quen lle parece tanto atractiva como enigmática. Cando unha serie de roubos comezan a producirse no complexo, Tokuichi dáse conta de que o ladrón só pode ser Michiho.

Galego

Un barco en el jardín

Entre os seus soños de aventuras e unha mirada tenra cara aos seus pais, o novo François pasa da infancia á idade adulta. A comezos dos anos cincuenta, no xardín familiar xunto ao río Marne, Pierre comeza a construción da réplica do Spray, o barco lendario co que Joshua Slocum completou a volta ao mundo en solitario, facéndose famoso en 1895. Nesta aventura embárcanse a súa muller Geneviève e o seu fillo François, que acaba de facer once anos e sente paixón por este proxecto e pola figura referente de Slocum, símbolo de liberdade.

Galego

La Parra

Damián volve a Ferrol pola morte de seu pai logo de moito tempo fóra. Sen un peso, alóxase na pensión La Parra, morada de individuos deixados de lado pola sociedade. Coa cidade incomunicada polo accidente da plataforma petrolífera Discoverer Enterprise, que botou abaixo a ponte das Pías, Damián séntese atrapado nun lugar que semella suspendido no tempo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual