Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

The Last Man

Cada mañá, Beirut amence cunha nova vítima do que parece ser un asasino en serie. As vítimas son atopadas desangradas. En Beirut, Khalil, un médico de corenta anos, comeza a experimentar estraños síntomas que o desestabilizarán e transformarán a súa vida. Unha conexión imperceptible vincula a Khalil con estas vítimas e, máis precisamente, co seu sempre fuxidío asasino... (Ghassan Salhab)

Galego

Sleepless Nights

Insomnes son as noites de Assaad Shaftari, o antigo oficial de alto rango dos servizos secretos da milicia das Forzas Libanesas, que sente a culpa dos seus actos durante a guerra civil, do mesmo xeito que as noites de Maryam Saidi: trinta anos despois, segue buscando ao seu fillo Maher, un mozo combatente comunista que desapareceu durante o sanguento conflito de 1982.

Galego

Beirut the Encounter

Beirut, 1977. Zeina (Nadine Acoury) está a piques de abandonar o país, do mesmo xeito que moitos libaneses están a facer hoxe en día de novo. Haydar (Haitham El Amine) non leva moito tempo na cidade; tivo que abandonar a súa vila debido á guerra civil. Os dous non se viron en anos, aínda que o sentimento de morriña perdurou. A natureza da súa relación —ben sexa amizade, romance ou algo intermedio— é deliberadamente deixada no aire polo director da película, Borhan Alawiyya, falecido en setembro.

Galego

Little Wars

Little Wars narra as pequenas historias de tres personaxes en vésperas da guerra civil do Líbano en 1975. A pesar seu, Talal, fillo dun señor feudal, debe asumir o seu papel de xefe de clan tras a morte do seu pai. A muller que o ama, Souraya, tenta axudalo secuestrando a un home de negocios. Por último, Nabil é un fotoperiodista que finxe ser un heroe, cando en realidade só aproveita a situación para vender drogas.

Pequenas historias que teñen lugar durante pequenas guerras.

Galego

Crónica de un amor efímero

Unha nai solteira e un home casado convértense en amantes. Comprometéronse a verse só para unha aventura e a non ter ningunha esperanza de amor, conscientes de que a relación non ten futuro. Con todo, cada vez sorpréndense máis polo seu entendemento, a súa alquimia e o pracer de estaren xuntos…

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual