Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Sátántangó - partes 1-2

O fracaso dunha granxa colectiva durante uns cantos días dun chuvioso outono. Os soños, intrigas e traizóns que se dan na cooperativa, observados desde a perspectiva de distintos personaxes nunha película chea de sarcasmo e humor negro apocalíptico. Un relato fascinante presidido por un título elocuente (non en van significa xenialidade diabólica e irónica).

Galego

Breathless

“O 28 de novembro de 2023 conducín desde a miña casa en Pine Flat, California, cruzando a montaña Great Western Divide, ata a parte alta do río Kern. Fun filmar unha árbore. As follas eran de cor laranxa. En poucos minutos comezaron a suceder cousas que non planeara. Pensei: "Merda". Nos últimos anos, varios incendios forestais arrasaron esta zona. O que estaba a suceder debíase a iso. Empecei a gravar. E entón atacáronme desde o aire. Xogos de guerra.

Galego

El hombre de Londres

Maloin apenas advirte o mundo que o rodea e acaba por aceptar o lento e inevitable deterioro da súa existencia, así como a súa profunda soidade. Tras ser testemuña dun asasinato a súa vida dá un xiro radical e comeza a enfrontarse a cuestións relativas á moral, o pecado e o castigo.

Galego

Anatomía dunha serea

Proxección dunha curta documental dirixida por Adriana Páramo con Iria Pinheiro, sobre a violencia obstétrica . É unha peza de teatro documental construida sobre a memoria e a experiencia persoal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica. Trátase ademais dunna obra autobiográfica e con carácter testimonial, pois a voz en primeira persoa da actriz é tamén o testimonio directo de alguén que viviu os sucesos e acontecementos reais que se contan en escea.

Visionado e posterior charla-coloquio . 

Galego

Cine arqueolóxico

O Museo Arqueolóxico de Ourense retoma brevemente as proxeccións de cine, coa colaboración do Cineclub Padre Feijoó, na Casa da Cultura (rúa Concello 11, Ourense): 

- Proxección do curto “O camiño de Cova Eirós”. A presentación e coloquio estará a cargo de Arturo de Lombera Hermida, profesor de Prehistoria da Universidade de Oviedo e director das escavacións de Cova Eirós.

- Proxección do curto “Jesús Carrera: O vermello de Hondarribia”.

Galego

El caballo de Turín

Inspirada na suposta historia do cabalo que protagonizou en Turín o filósofo Friedrich Nietzsche. O 3 de xaneiro de 1889, Nietzsche presenciou na rúa o maltrato dun cabalo que se negaba a moverse. O filósofo alemán aperta o animal e chora ata perder a conciencia. Lévano ao seu cuarto, onde pronuncia as derradeiras palabras: “Mutter, ich bin dumm” (Madre, son parvo) e logo volve a un silencio de dez anos, os últimos da súa vida. Tarr, mestre da posta en escena e analista da condición humana, dálle a volta ao relato e céntrase no destino do cabalo.

Galego

The Shiinomi School

Yamamoto, un profesor de psicoloxía na universidade, e a súa muller, Fumiko, teñen dous fillos, un deles, Yudo, sofre un tipo de parálise. Por este motivo, Yamamoto e a súa muller, deciden usar todo o seu diñeiro para crear unha escola onde nenos con necesidades especiais parecidas poidan conseguir o amor e o coidado suficiente para facer crecer a súa confianza en si mesmos. Baseada nunha historia real, trátase da única película que na altura tratou os problemas dos nenos con necesidades especiais.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual