Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Queer-me

O verán de 2015 cumprín trinta anos. Vivía con amigues nunha okupa transfeminista en Toulouse, o TDB (Trou De Balle). O TDB era un lugar de referencia para a comunidade queer de diversos lugares do mundo. Sete anos despois de deixar de vivir alí, volvo para filmar o que queda daquela casa abandonada e os meus recordos en Fraga e Zaragoza.

Galego

Duas vezes João Liberada

João protagoniza unha película biográfica sobre Liberada, unha figura de xénero non conforme perseguida pola Inquisición. Tras a misteriosa parálise do director, João enfróntase a soños inquietantes e loita por honrar a historia de Liberada.

 

Presentación e coloquio coa cineasta.

Galego

Qui som

Blaï (43) e Camille (43), que forman unha parella artística e sentimental, gañaron a admiración da escena europea grazas aos inclasificables espectáculos da súa compañía de circo, Baro d’evel. Cando o Festival de Avignon, un dos máis importantes do mundo, lles encarga unha nova obra, a parella sente a necesidade de atopar un sentido renovado á súa existencia como artistas, parella e pais para dar respostas renovadas ás preocupacións e medos que nos atenazan.

Galego

Gradual Speed

Hai uns anos empecei a coleccionar imaxes coa idea de render homenaxe ás técnicas do cinema analóxico, que pouco a pouco se van perdendo. Agora, unha serie destas gravacións fan de Gradual Speed un traballo en e para película en 16 mm en branco e negro vista como materia e, ao mesmo tempo, como metáfora de algo que non podemos aprehender.  (Els van Riel)

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual