Concerto de Xoel López
Nado en Coruña, Xoel é un dos artistas máis representativos e influentes na nova xeración.
Deixou atrás unha carreira exitosa e consolidada con Deluxe para cruzar o Atlántico e empezar unha nova andaina no continente americano. Acompañado pola súa guitarra, busca recuperar a esencia dos primeiros días tocando en salas e teatros con músicos de diferentes paises.

