Pop/rock

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Misterioso Viaje a Holanda

Misterioso Viaje a Holanda garante unha ampla gama de sensacións, as mesmas que abarca a proposta musical dos irmáns Adrián e Pablo Seijas en compañía de Javi Vaamonde, Nico Vieites, Adri Mt e Peter Cuñado. Xuntos elaboran unha fórmula maxistral reinterpretando os patróns do pop clásico con notorios arranxos de guitarra inxectados sobre unha sección rítmica de suave cadencia pero sólida execución. A publicación do seu segundo disco MVH o ano 2014 levounos a participar no festival Noroeste Pop Rock da Coruña xunto a Love of Lesbian.

Galego

Concerto de Richard Ray Farrel

Richard Ray Farrell é un auténtico bluesman, tras 40 anos de carreira mantén banda estable en diferentes paises e xira con elas por medio mundo. En infinidade de entrevistas sempre dixo que o Blues nunca desparecerá porque "non é unha moda se non unha forma de vida". Ademais da súa grande simpatia e carisma, é un excelente guitarrista, armonicista, cantante e compositor.
Para aqueles que buscan no Blues a pureza dos sons do Delta de Mississippi, a tradición de Chicago ou a alegría do Ragtime.

Galego

Concerto de French Boutik

French Boutik é un talentoso quinteto franco estadounidense fundado no 2010 que anda a explorar esta vía onde se mesturan o Pop clásico Inglés e Pop Francés.
Coas súas composicións finamente cinceladas, os seus voos melódicos, unha guitarra expresiva e liñas de órgano eficaces. Esta calidade harmónica atopa o seu reflexo na calidade da escritura. Resultan cancións que, rendindo unha homenaxe ás referencias musicais dos anos sesenta, ofrecen un enfoque refrescante, un son modernista que é o caracter distintivo de French Boutik.

Galego

Concerto de Hardbone

Concerto da banda de hard rock alemana Hardbone. O grupo formouse en Hamburgo no ano 2006 e ten tres álbumes publicados: Dirty 'n' Young (2010); This Is Rock 'N' Roll (2012) e Bone Hard (2014).

A banda está formada por Tim Dammann (Voz), Sebastian Kranke (Guitarra), Tommy Lindemann (Guitarra rítmica), Tim Schwarz (Baixo) e Caine Grandt (Batería).

Galego

Concerto de Arenna

Arenna nace en 2005 en Vitoria aínda que ata 2007 non se asenta a formación definitiva, ano no que publican unha demo que os leva a tocar en distintas localidades da península e a compartir escenario cun nutrido número de bandas nacionais e internacionais.

Galego

Concerto de Supa Scoopa

Supa Scoopa é un bo exemplo do mantemento do hard rock no seu estado máis puro, cun son cru, agresivo e abrigo seguidor do culto aos riffs que veñen directamente de Black Sabbath e as súas manifestacións máis modernas como poden ser o Stoner ou o metal máis roquero. 
Nacen no 2000 en Vigo e actualmente son un cuarteto formado por: Quini que se ocupa da guitarra e da voz, Man da guitarra, Jorge da batería e Sé do baixo.

Galego

Concerto de Riff Raff

A banda ferrolá Riff Raff, coñecida por versionar como ninguén os temas de AC/DC, formación lendaria do hard rock. Os compoñentes da banda contan cunha intensa carreira ás súas costas, por exemplo actuar como teloneiros de grandes do rock como Whitesnake, Os Suaves ou Rosendo.

Galego

Concerto de The Quireboys

A banda volveu no 2004 cun novo traballo de estudo debaixo do brazo, Well Oiled, con nove novas composicións e unha formación con tres membros orixinais: Spike, Guy Griffin e Nigel Mogg, ademais da inclusión do teclista Keith Weir, o guitarrista Paul Guerin e o batería Pip.Xa no 2008 a banda volveu co enorme, Homewreckers & Heartbreakers, o que lle abrio as portas do Azkena Rock Festival e varias xiras por todo Europa.

Galego

Concerto de White Queen

Remember Queen é un espectáculo de homenaxe a Queen e á emblemática figura do seu líder, Freddie Mercury. Un excelente percorrido por moitos dos grandes éxitos que xunto a Brian May, Roger Taylor e John Deacon conseguiron na súa traxectoria musical. Remember Queen no seu espectáculo reproduce a coreografía e o vestiario exacto que en cada momento Freddie Mercury e a súa banda chegaron a utilizar en escena.

White Queen está formada por Piero Venery como Freddie Mercury, Vito de Matteis como Brian May, Roberto Damicis como Roger Taylor e Giorgio de Nigris como John Dicon.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Pop/rock