Los Suaves
A histórica banda ourensá formada por Yosi Domínguez (Voz), Charli Domínguez (Baixo), Alberto Cereijo (Guitarras), Fernando Calvo (Guitarras) e Tino Mojón (Batería).

A histórica banda ourensá formada por Yosi Domínguez (Voz), Charli Domínguez (Baixo), Alberto Cereijo (Guitarras), Fernando Calvo (Guitarras) e Tino Mojón (Batería).
BODYBAG nace en agosto do 2014 na Coruña con Corey (baixo e voz), M.S. (guitarra) e Dopi (batería e voz). O Grindcore da vella escola, o Death Metal escuro e o Crust máis pesado dan forma a unha mestura de insano e extremo material, co engadido dunhas letras lúgubres e horripilantes que só poderían ser escritas na profundidade da máis escura cripta.
Creada a finais de 2012 en Melbourne, Palace of the King gravou rapidamente unha maqueta de 3 pistas e desenvolveu a visión dunha banda de rock and roll con 6 pezas de blues-infundido. Lonxe dunha viaxe retro de profanación de tumbas, Palace of the King ten tanto en común con Rival Sons, Graveyard & Jack White como o fan Led Zeppelin, Black Sabbath e Deep Purple.
Banda bracarense de pop alternativo que está xirando presentando o seu primeiro longa duración Laleia que dá nome á xira.
A banda está compostoa por Artur Luso (Voz), Pedro Fernades (Guitarra), Vitor Esteves (Guitarra/Samplers), André Oliveira (Bateria) e Berto (Baixo).
É un dos últimos grandes cantautores americanos.
Nacido en St. Louis (Missouri) creceu tocando distintos estilos musicais e xirando por todo EE.UU. con toda clase de bandas. Durante os últimos oito anos estivo escribindo e interpretando country folk e honky tonk. Tocou na rúa, en casas particulares e en bares por todo o seu país.
Dan Baird (voz e guitarra), vén acompañado dos Homemade Sin, que son, Warner E. Hodges (guitarra e voz) membro de Jason & The Scorchers, o sueco Micke Nillson (baixo) membro dos Brickhouse, Mats Ronande, Pontus Snibb ou Bonafide e The Yayhoos e Mauro Magellan (batería) dos Georgia Satellites.
Desde 2009, Juanchi Reyes, Carli Míguez e Xoel Schwarz, crean a unión perfecta deste power trio. Destacan por ser capaces de levar calquera canción ao seu propio estilo. Os seus directos cun amplo repertorio de versións comprendidas entre os anos 60' e 80', fan que R.M.S. non sexa unha banda máis e que o seu espectáculo traballado vocal e instrumentalmente, sexa unha autentica experiencia musical.
El Pelontón de los Torpes é un cuarteto de rock and roll moi persoal formado en 2012, con influencias de moitas bandas de rock and roll, rythm & blues, pop, punk, etc.
Esta composta por Virgilio, Paco, Óscar e Perry.
Mythical fail é unha banda luguesa de rock alternativo formada en decembro de 2010.
Mythical Fail é un grupo creado por mozos amantes da música, os cales o seu obxectivo principal é divertirse e facer o que máis lles gusta.
A banda está formada na actualidade por Juan José Real Trigo "NANO" (Vocalista), Javi Trigo Real "JAVI" (Guitarra Solista), Pablo Rodríguez "PABLETE" (Guitarra Rítmica), Juan Manuel Cuyar Domínguez "CUNKIN" (Baixo) e Roberto Trigo Real "ROBERT" (Batería).
A banda debe o seu nome ao personaxe Morla da historia interminable, a tartaruga anciá xigante.