Concerto de Malatransa
Malatransa ármase en 2013 con catro amigos con ganas de tocar Rock & Roll. A primeira formación estaba integrada por, Franqui Illanes á batería, Pablo Cortiza ao baixo, Jorge Anllo e Juan Aparicio. Con esta formación sae o primeiro disco do grupo "Rock'n'Roll y Pizza en lo del tano".
En 2015 intégranse ao Grupo Pablo Fernández á Batería e Maxi ao baixo. Con esta nova formación séguense os concertos e faise un cambio de repertorio e de estilo, pasando do Rhythm & Blues ao Garage Rock.

