Pop/rock

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de The Shoubiñas Experience

Grupo vigués integrado por Ernesto de Gregorio (guitarra), Pedro de Gregorio (teclados), Dani "Ouzo" Castro (batería), Roi "Humble" Rodríguez (baixo) e Mario Richards (voz e guitarra). Nacen hai case unha década como un grupo de amigos que se dedican a versionar temas de blues e rock clásicos. Tras sete anos comezan a compoñer os seus propios temas.
A home called Metropolis é o primeiro disco de The Shoubiñas Experience.

Galego

Concerto de Say my name

No ano 2010, Andrea de Artaza e Dani Vaamonde únense para facer versións e comezar, por outra banda, a compoñer as súas propias cancións.
Say My Name nace en 2013 coa incorporación de Jorge Salgado e Valeria Rubal, guitarrista e batería, respectivamente. No ano 2014 incorpórase Tomás Loroño, baixista, completando así a formación.
Say My Name grava o seu primeiro EP no ano 2013 con Arturo Kress nos Estudos Pirámide, o cal contén os seus cinco primeiros temas propios como grupo. Un destes temas é escollido por Turismo de Coruña para un vídeo promocional.

Galego

Concerto de Al Vila Band

Máis de 800 concertos desde que a súa carreira pasou a ser individual alá polo 2008.
No seu último traballo en solitario dá unha volta de porca á súa música e presenta unha declaración de intencións, un cantautor que non quere ser catalogado como tal.
Color, musicalidade, guitarras (en ocasións distorsionadas ata o límite), producións coidadas e unha voz inconfundible fan que este sexa, en efecto, un inusual cantautor.

Galego

Concerto de Cora Sayers

Cora Sayers, álter ego musical de Cora Velasco, nace no verán de 2014. Despois de pasar como corista e cantante de grupos de blues como "1000 Demonios Blues Band", de funky como "Late Kicks" e de rock-folk "Querido Extraño", presenta o seu primeiro traballo composto de cinco cancións (algunhas case cun lustro de antigüidade), chamado "Origen".

Galego

Concerto de The Trunks

The Trunks é unha banda de Indierock formada por Rodrigo Valiente (voz e piano), Fran Yosi (guitarra), Manuel Nuky (guitarra), Rubén Suarez (baixo), e Rob Toretto (batería). The Trunks nace a principios do ano 2011 en Sada (A Coruña), aínda que non é ata xaneiro de 2013 cando se consolida a formación actual.

Galego

Sabela King & The Heartbreakers

Trío que forman Sabela "King" (voz e pequena percusión), Ramón Figueiras "Figui" (harmónica) e Benjamín Vázquez (guitarra), todos membros de The Lákazans, que presentan esta formación para espectáculos en pequeno formato.
Estilísticamente navegan entre o blues, o country e o soul, adaptando versión dos clásicos destes xéneros a un formato reducido. Parte do repertorio está formado por temas propios.

Galego

Concerto de Rosendo

Rosendo Mercado Ruiz naceu en Madrid o 23 de febreiro de 1954. Criouse en Carabanchel, onde segue residindo na actualidade. Tras abandonar os estudos na escola de enxeñería ICAI, en 1972 incorporouse como guitarrista a Fresa, un conxunto que tocaba versións de cancións de moda e en ocasións acompaña a solistas. Tras diversos cambios, que incluíron a incorporación como cantante de José Carlos Molina, a banda pasou a denominarse Ñu.

Galego

Concerto de La Fuga

La Fuga son Pedro (voz e guitarra), Nando (guitarra), Raúl (baixo) e Edu (batería): un grupo de Reinosa (Cantabria) con máis de 500 concertos ás súas costas nunha decena de xiras, 9 discos publicados ata a data, e unha historia de constancia e rock and roll.

 

Galego

Concerto de Mad Martin Trío

O 17 de abril do 2014 debutaron coa presentación dun EP "It was a very good year", título tomado dun dos temas talismán da banda, unha versión do tema de Ervin Drake que fixo popular Frank Sinatra, desde entón xa publicaron un mini-LP "Seven Lucky Shots" e un longo recentemente editado para a discográfica sueca Vintjärn Records e que inclúe 11 temas de autoría propia e 3 versións de clásicos.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Pop/rock