Pop/rock

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Auryn

Empezaron a unir as súas voces no 2009, e ao ver que conxeniaban decidiron subir videos a internet cantando. Pronto a súa música empezou a revolucionar Youtube e as redes sociais. A súa versión de "Umbrella" de Rihanna conseguiu case 20.000 visitas nas súas primeiras horas. O mesmo aconteceu coa versión de Los Secretos "Déjame". O seu primeiro single, "Breathe In The Light", triunfou nada máis lanzarse outorgando á nova banda o seu primeiro número 1 en vendas en iTunes España.

Galego

Concerto de M Clan

Orixinalmente baixo o nome de M Clan encontrábanse Carlos Tarque (voz), Santiago Campillo (guitarra), Ricardo Ruipérez (guitarra), Pascual Saura (baixo) Juan Antonio Otero (batería) e Iñigo Uribe (teclados).
A banda formouse en marzo de 1993, cando Carlos Tarque e Ricardo Ruipérez se coñeceron e decidiron fusionarse (ámbolos dous tocaban noutros grupos) e chamar ao resto dos músicos que acabarían conformando M Clan.

Galego

Concerto de Liviao de Marrao

Liviao de Marrao (político-musical) é un coletivo afincado nalgun punto indeterminado do corazón de Galiza (en Chantada), integrado por 10 rapazes que se criaron vendo o Xabarín Clube e mamando o rock bravú. Mesturan aquela enerxía e actitude perante o país e o mundo que os rodea, co punk, o ska e ritmos da música tradicional galega.

Galego

Concerto de Kiko Veneno

Figura capital da música española con catro décadas de traxectoria. Afeito a abrir camiño, a buscar unha expresión xenuína, o músico sevillano de orixe catalán mantén intacto o seu inquieto espírito creativo.
O seu repertorio, que acompañou a varias xeracións de melómanos sen perder ningunha das súas propiedades, segue crecendo alto, forte e san.
Sobre os escenarios, a soas coa súa guitarra ou acompañado pola súa banda, Veneno desprega un repertorio infalible que hai tempo non é seu, senón de todos, porque habita na memoria colectiva.

Galego

Concerto de Dani Wilde

Dani Wilde é unha das grandes do blues, recoñecida internacionalmente por ser gañadora do galardón á mellor cantante de blues nos British Blues Awards. Segue os pasos de mulleres como Ana Popovic ou Joanne Shaw Taylor, que destacan pola súa forza vocal e pola súa maneira de interpretar a guitarra. Talento vocal, interpretativo e compositivo.

Galego

Concerto de Anni B Sweet

Anni B Sweet a malagueña é unha das artistas novas máis internacionais e premiadas do país presenta o seu terceiro disco. Tras dous exitosos álbumes, o folk melancólico e delicado de "Start, Restart, Undo", o seu debut en 2009, que rapidamente a colocou en primeira liña de todos os festivais españois, publicando en 11 países e xirando por América, Europa e Asia, e o escuro e eléctrico "Oh! Monsters" (Subterfuge 2012) co que deu un salto sónico, compositivo, arriscado e sincero.

Galego

Concerto de Siniestro Total

Siniestro Total formouse en 1981 en Vigo tras un accidente de tráfico con formulacións iconoclastas e neo-dadaístas nos textos, punk rock galego contra o aburrimento xeral. En xaneiro de 1982 a banda formada entón por Julián Hernández, Miguel Costas, Germán Coppini e Alberto Torrado enviou unha maqueta ao programa "Esto no es Hawai" de Jesús Ordovás en Radio 3 con resultados case inmediatos: cinco meses despois publícase o EP "Axudando aos Enfermos".

Galego

Concerto dos John Derees

Os John Deeres comezan unha nova etapa con Ferni na voz, que se une a Xermán na batería, Marcos no baixo, Mustaf á guitarra e Reices cos teclados para formaren unha banda que lle bota unha ollada aos anos 70, á psicodelia e ao rock clásico para crear a súa proposta musical. O cambio a unha voz masculina dálle á banda máis contundencia setenteira. No son do grupo nótanse a influencia da potencia de Black Sabbath, do espírito de Led Zeppelin ou Deep Purple, e a psicodelia dos Doors e Hendrix.

Galego

Concerto de Missin' Blues

Missin' Blues é un proxecto de blues e country en formato acústico que xorde no Porriño polo verán de 2012.
Formado na súa orixe por Javier Casal (guitarra, dobro e voz) e Marcos Legazpi (guitarra e coros) que levaban anos sen tocar en directo e adicándose a actividades de produción.
A partir de 2013 comeza a colaborar na banda Paco Dicenta (contrabaixista) e posteriormente únese ao grupo Lucas Fernández (batería).

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Pop/rock