Pop/rock

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Achtung Babies

Inocence+Experience+history Tour by Achtung Babies é sen dúbida algunha a recreación máis fiel, visual e tecnicamente do que é a banda liderada por Bono, U2. Dende 1993 Achtung Babies suma unha cantidade increible de concertos e tours por todo o mundo. En outubro chegan a España cun show increible para os amantes de U2 e da música, un repaso polos tours de U2 que xa non se poden ver, The Joshua Tree Tour, Zoo Tv, Pop Mart e 360 Tour, ademais das súas novas cancións. 

Galego

Concerto de Baker's Gang

Din os expertos, que as tres únicas cousas necesarias para que algo sexa bo, crible e de calidade son: Boa materia Prima, Honestidade ao realizalo e Tempo para poder levalo a cabo.

Aquí danse as tres condiciones, Boa materia Prima, as cancións de Paul, que xunto aos arranxos de David Cid e Juan "Fish", elevan o produto aínda máis se cabe; Honestidade, a experiencia de moitos anos de profesión, reflectidos no empeño de facer as cousas ben , escapando de produtos efémeros e perecedoiros tan en boga hoxe en día; e Tempo, cocidas a lume lento, sen présas...

Galego

Concerto de La Frontera

O ano 2015 marca o 30º Aniversario de La Frontera, a banda comandada polos incombustibles Javier Andreu e Toni Marmota e tamén o grupo autor de temas imprescindibles do Pop-Rock español como El Límite, Judas El Miserable, Cielo del Sur, Juan Antonio Cortés, Siete Calaveras, Tren de Medianoche…

O pasado mes de xuño editouse o pack 2CD+DVD 30 Años en el Límite e iniciaron a xira 30º Aniversario.

Galego

Concerto de Auténticos Farsantes

Banda de rock & roll de Narón composta por Fran (Batería), Check (Guitarra Baixa e voces), Mos (Guitarra, silbidos, turuta, voces y susurros) e Jose (Voz, guitarra acúsica e megáfono). 

A banda xorde da inquedanza de José Prieto (dramaturgo, actor e cantante) que compón as cancións que nacen das mesmas neuras das que xorden as súas obras de teatro, pero sen de nostalxias e si con moito de humor e ironía.

Galego

Concerto de Hogjaw

Hogjaw son esa mestura e enxerto perfecto entre Blackfoot, Molly Hatchet, ZZ Top ou Black Oak Arkansas, con Jonboat Jones (voz e guitarra), Elvis DD (baixo), JonJones Boat (guitarra) e Kwall (voz e batería) aos que lles volve tolos as armas, a caza, o bo beber, o whiskey, o tequila, o touciño entrefebrado cortado ben gordo (Hog Jaw) as camionetas e as mulleres.

Galego

Concerto de Eladio y Los Seres Queridos

Co traballo Orden invisible os seus temas gañan peso en arranxos e matices sonoros que ata agora non utilizara. Con todo, a intransitable estrada do pop en español encontra o seu percorrido natural con melodías adultas e letras que enchen os oídos dos máis novos e os máis veteranos. A súa naturalidade sen complexos fai que o difícil resulte alcanzable para varias xeracións.
"Están ustedes unidos", "Viviendo con miedo" e unha impactante "Con el corazón en la mano" son temas ben recoñecidos, pop adulto ben entendido, con voces claras, melodías fermosas e cousas que contar.

Galego

Concerto de Lichis

Miguel Ángel Hernando Trillo máis coñecido como Lichis, é un dos grandes músicos españois e está considerado como un destacado compositor e letrista. Líder, vocalista e autor das celebradas cancións do grupo A Cabra Mecánica.

Galego

Concerto de Wedge

WEDGE formouse a principios de 2014 en Berlín por Kiryk (voces, guitarra e harmónica), The Holg (batería e percusións) e David (baixo e teclados), tres dedicados músicos bos amigos da festa.
Toman o seu nome da primeira ferramenta de pedra xamais creada pola man do home (a cuña) co seu son simple, crú, efectivo e contundente.

Galego

Concerto de Octopus's Garden

Octopus's Garden é unha banda coruñesa integrada por Pedro López (guitarra solista e voz), Lorenzo Movellán (guitarra rítmica e voz), Manuel Peragón (baixo e voz) e Samuel Pérez (batería).
O embrión xurdiu en maio de 2011 por mor dunhas sesións musicais entre Pedro López, Lorenzo Movellán e Manuel Peragón. De influencias moi diversas, foi o Rock and Roll e sobre todo a influencia de The Beatles o que motivou o crear un proxecto de Banda-tributo aos de Liverpool.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Pop/rock