Concerto de Los Bengala
Los Bengalas son Guillermo Sinnerman (guitarra e voz) e Borja Téllez (batería e voz), a unión de dous músicos amantes do rock&roll máis sucio e escuro.
Ritmos fortes acompañados por machetadas de guitarra.

Los Bengalas son Guillermo Sinnerman (guitarra e voz) e Borja Téllez (batería e voz), a unión de dous músicos amantes do rock&roll máis sucio e escuro.
Ritmos fortes acompañados por machetadas de guitarra.
Daniel Minimalia regresa co seu segundo disco Arenas de Luna, co que confirma a súa xenialidade, de características únicas no noso país e de gran proxección internacional, tras o seu exitoso álbum debut con "Cuentos Sonoros" polo que foi bautizado como o Mike Olfield español.
The Lákazans é unha banda que formalmente comeza polo 2011 con concertos semanais no bar Miudo, lugar onde se forman como banda. O seu repertorio está formado por versións de clásicos do blues, soul, country, rock&roll,... ao que pouco a pouco se foron incorporando temas propios que se moven tamén nese abano de estilos.
A banda está formada por:
Trilli: Batería e percusión
Benja: Guitarra, slide guitar e mandolina
Almudena:Voz
Sabela: Voz
Figui: Armónica
Fran Velo: Baixo
Likal: Batería
Puma Pumku é un quinteto revelación de pop psicodélico que chega desde Santiago de Compostela.
O seu primeiro LP, "Is it in you?", nacía nun principio como un proxecto de crowdfounfing, pero a discográfica Matapadre acabou por fixarse neles e agora o disco sae en dúas edicións, unha delas, en forma de vinilo de cores para os mecenas de Verkami.
No 2011 catro músicos do panorama músical procedentes de diversas bandas (Ruxe-Ruxe, Medomedá, Drinkin tinto, Anfibia, Icewind,...) foron coincidir nunha jam multitudinaria acontecida na carballeira de Francos (Teo)... non tardaron en decatarse de que lles apetecía ter un proxecto en común, que se formalizou ao ano seguinte (coa inclusión dun quinto elemento) mentres sobrevivían como músicos de fortuna. Agora atópanse presentando "Triloxía", o seu primeiro EP, cunha xira que os está a levar por todo o País.
Son cinco xoves dezáns aos que no 2012 os uniu a súa paixón polo rock and roll: Rodrigo Ramos, vocalista, natural de Laro; Adrián Negro e Iago Fernández, guitarristas, de Toiriz e Vila de Cruces, respectivamente; Rubén Mejuto, baixista, de Lalín; e Iago Jorge, baterista, de Donramiro. Son os Barrio Rojo, nome que deron tamén ao seu primeiro traballo discográfico, que está á venda en plataformas dixitais.
Foron gañadores do concurso da Radio Galega "Vas levar nota".
Marzo de 1985 foi o punto de inflexión nas vidas destes catro madrileños, que xa coas súas primeiras cancións conquistaron un numeroso público tanto en España como en Latinoamérica.
Grazas á composición de cancións como "Venezia" ou "Devuélveme a mi chica" lograron atraer co seu primeiro disco a unha multitude de admiradores de ambos os dous lados do Atlántico, marcando unha das mellores páxinas da nosa historia musical e pasando a formar parte da vida de varias xeracións.
Esta banda de música infantil recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, dende A Carolina “rapeada” ata O Jato “rockeiro”,…pasando por outros moitos temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, facendo que todos os nenos e nenas presentes sexan partícipes deste “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa!
Unha nova formación composta por recoñecidos músicos: Paco Cerdeira, Anxelo de Xermar, Paula Romero e Rodrigo Muñoz.
Presentan un proxecto musical diferente, tendo como eixo central o Rock and Roll, e explorando todos os estilos da música actual: reggae, baladas heavys, pop, funk, country, blues, ska… Nel fan un repaso pola historia da música moderna, a través do cal os nenos poderán coñecer cal foi a súa evolución, tratando nas súas letras valores tan esenciais como a amizade, a familia, a importancia de facer deporte e levar unha alimentación saudable, os xogos, a natureza…
Chegou a revolución en feminino!!! The Tetas´ Van son un grupo de rapazas na súa maioría (aínda que contan con músicos rapaces nos seus cabarés) que pretende revolucionar as salas de concertos coas súas músicas.