Concerto de Roberto Sobrado Grupo
Neste 2015 Roberto Sobrado cumpre 20 anos facendo as cancións que foron dando forma xa a 4 discos de estudo co seu grupo. Atlas de anatomía é o nome do quinto. Fará unha presentación especial, cunha banda reforzada para a ocasión, colaboracións estelares e gravación en directo do evento para a súa publicación online a posteriori.

