Concerto de Renegados
Renegados é unha banda de RNB formada no ano 2005 por músicos ourensáns. Aínda que os seus músicos beben de diversas correntes musicais, o seu repertorio amosa influenzas do soul, blues, R&R e funk. O repertorio está composto de versións de: James Brown, Blues Brothers, Ray Charles, entre outros; e temas propios marca da casa. Renegados actualmente está formado por Fernando Risco, Esaú Pérez, Juan Ozaita, Oscar Lo, Fran González, Julián Ruiz e Roberto Iglesias.

