Pop/rock

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de A Contra Blues

A Contra Blues é unha banda consolidada con máis de nove anos de actividade e foi considerada en 2014 mellor banda de blues Europea (Segundo a European Blues Union). No seu repertorio conviven tradición e heterodoxia, mesturándose de maneira natural para tocar con madurez e frescura tanto clásicos da música norteamericana como composicións propias. Froito destas calidades as súas interpretacións combinan indistintamente espontaneidade e arranxos elaborados.

Galego

Concerto de Proyecto Kournikova

Proxecto Kournikova é unha banda musical de Pop-Rock na que prima a importancia da composición das cancións así como a súa posta en escena, buscando directos potentes e divertidos.
Nace en 2008 da man de Rubén Moinelo, que tras levar ao directo as súas composicións durante 2 anos, decide unirse con outros músicos para darlle un novo sentido ás súas cancións e os seus directos.

 

Galego

Concerto de The Morgans

The Morgans é unha banda de Ponferrada (León), cun son persoal que parte desde o rock indie alternativo ao Brit Pop, formada en 2010 polos irmáns Miguel (vocalista) e Elías Rivas (guitarra). Para completar a formación únense diferentes membros de bandas locais: Marcos Pardo (guitarra), Mauricio Otero (baixo), Miguel García (batería) e Pablo Rubio (teclados, sintes, efectos).

Galego

Concerto de Curricé

Mr.Curricé é un cantante e Youtuber madrileño nado en 1988 que se dedica a crear contidos tanto musicais como humorísticos. Dedicado á música desde os 12 anos empezou a mergullarse no mundo de Youtube e os blogues logo de ver ao seu irmán maior facelo (JPelirrojo) porque xa se sabe, os irmáns pequenos sempre pensan que poden facer o mesmo pero mesmo mellor.

Tamén ten un proxecto musical cun grupo de Rock e diferentes proxectos en solitario, tratando sempre de non estancarse nun único estilo musical pasando polo Rap, Rock, Pop, etc.

Galego

Concerto de The Buzzos

The Buzzos fan o seu debut no ano 2002 desde un lugar insólito para o rock'n'roll como é Extremadura. Desde entón, realizaron máis de 140 concertos, en salas e festivais, compartindo escenario con algúns dos mellores artistas nacionais e internacionais como Nashville Pussy, Europe, Dover, Loquillo e Trogloditas, Barón Rojo, Pereza, Barricada e moitos máis.

Galego

Concerto de Moon Cresta

MOON CRESTA é o resultado de sumar o esforzo, destreza, creatividade e entrega de catro músicos baixo o emblema de Power & Funk. Ás súas costas teñen unha ampla bagaxe que combina escenarios, estradas e unha incipiente pero prometedora discografía que inclúe un segundo traballo realizado en California.
Os alicerces desta banda son Manu "Doble L" á guitarra, Sergio Puga como baterista, David "Mr. D." Vázquez á voz e teclados, e Antón "Piru" no baixo.

Galego

Concerto de Milana

MILANA é unha banda de country-rock formada por dous fenomenais compositores que ademais tocan e cantan, Aritz Sertucha e Jay Martin. O grupo complétano o guitarrista Jesús Dorado, que ademais lle pega duro á mandolina, ao banjo e aos coros, a baixista e corista Laura Martínez, a cantante Belén Hernández e o batería Pachi Cañamero.
En Campo e Pedras, o primeiro disco do grupo cacereño de country-rock, a banda rende homenaxe a "Los Santos Inocentes" a través das ilustracións da artista María Polán baseadas en fotogramas do filme que acompañan as letras das cancións.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Pop/rock