Pop/rock

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de O'Killeds

O'Killeds é un novísimo grupo de rock de Cuenca. Un día no instituto 3 compañeiros de clase: Jota, Pablo e Javi quedaron para facer ruído en casa de Jota, alí o seu irmán Dani tiña unha batería e uníuselles.
O seu estilo musical é o rock, nos concertos mesturan temas propios con versións de rock tanto español como estranxeiro. Seguen compoñendo para ter un amplo repertorio propio. Gravaron o seu primeiro disco en La casa da Música en Fuenlabrada (Madrid), con Anty Horrillo como técnico de son axudado por Daniel Ballestero e producido por Leo Jiménez.

Galego

Concerto de Dobermann

Doberman é unha banda de rock fundada en 2011 polo baixista e cantante Paul Del Bello acompañado por Valerio "Ritchie" Mohicano na guitarra e Antuan LaCroche coa batería.
Tocando de forma continua desde o comezo, converténdose no grupo máis activo no circuíto underground italiano. Gravaron dous álbums en italiano e un en Inglés.
A mestura de Doberman lembran a AC DC, Van Halen e a primeira etapa máis punky Police, con letras en italiano.

Galego

Concerto de Heartless Bastards

Tras catro aclamados álbums defendendo un rock'n'roll único e cheo de audacia en xiras de duración imposible, Heartless Bastards presentan "Restless Ones", un novo traballo co que a banda impulsa o seu camiño a un lugar de estados emocionais cambiantes, con temas que van do folk ao rock clásico e unha espontaneidade desenfreada. 
A banda está formada por Erika Wennerstrom (voz e guitarra), Dave Colvin (percusións), Jesse Ebaugh (baixo) e Mark Nathan (guitarra).

Galego

Concerto de Nastasia Zürcher

My Flight, así se titula o primeiro traballo en solitario da xove cantante e compositora suízo-galega Nastasia Zürcher, que viviu en terras compostelás durante máis de 10 anos. O seu disco composto entre Galicia e Madrid, e gravado en Baeza durante o verán de 2015, é unha coprodución artística co produtor e multiinstrumentista Pachi García.

Galego

Concerto de McKuin

Non é un tributo máis a Queen, é o tributo "made in Galicia". Desde Ferrol unha banda pioneira, sen dúbida a máis veterana homenaxeando a Queen en Galicia. Despregan todo o seu talento sen necesidade de alardes nin disfraces imposibles, bástalles coa súa música.
A banda nada no entroido de 2001 está formada por Manu (voz e bailes), Tomás (guitarra), Fran (guitarra), Toño (baixo e coros), Diego (teclado e coros) e Marcos (batería).

Galego

Concerto de Dreams of Dolly sheep

Dreams of Dolly sheep fórmase en 2004, con inluencias dos 90 navegan entre o post-rock e a psicodelia, correndo entre tormentosas distorsións, rock no seu máis amplo significado.
A banda está formada por Alberto Cordeiro (batería), Miguel Varela (baixo) David Rodríguez (guitarra), Juan Piñeiro(teclado) e Candi Sanjuan (voz e guitarra).

 

Galego

Concerto de Abstract Artimus

Abstract Artimus é un músico e compositor, procedente do sur máis profundo de Norteamérica, que reside na cidade de Nova York desde fai máis dunha década.
Xa desde o berce nutriuse do rock and roll máis puro e salvaxe grazas ao seu pai, que era batería na banda de Jimmie Van Zant (Lynyrd Skynyrd).
En 2006 o músico creou o seu alter ego como one-man-band: Abstract Artimus. Rodeándose ocasionalmente doutros músicos, Abstract Artimus non parou de virar e gravar discos desde entón. 

Galego

Concerto de El Kanka

Juan Gómez Canca máis coñecido como El Kanka naceu en Málaga hai 32 anos. Na cidade do sur foi cando El Kanka, empezou a coquetear co mundo da música, sen antes facer un intento para estudar Económicas e Filosofía. Máis tarde empezou os seus estudos no conservatorio de Málaga onde perfeccionou a súa técnica innata para tocar a guitarra.

Galego

Concerto de The Drowning Bride

The Drowning Bride é o novo proxecto de Ana Figueiras (The Unplayable Sofa Guitar) e João Sousa (Muri Muri). Agora, xuntos revisan a tradición das "Murder Ballads" e do folk americano e danlle a súa interpretación. O multi instrumentismo de João Sousa (clarinete, metalofono, voz, caixón e outras percusións, cigar box guitar,…) acompaña cada tema con sonoridades diferentes á guitarra e voz de Ana Figueiras, vai tras o ambiente intimista e especial que procuran conseguir.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Pop/rock