Pop/rock

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Dani Flaco

Dani Flaco Dani: guitarra, voz; César Pop (Leiva, Quique González, Iván Ferreiro...): guitarra, acordeón, teclado. Presentará o seu último disco Versos y madera. Dani Flaco (L'Hospitalet, 1977) publicou en febreiro do 2014 o seu sexto álbum, Versos y Madera, do que despachou máis de mil copias na primeira semana, case ao mesmo tempo que abarrotaba tres noites o Auditori de Barcelona. Un traballo acústico e tranquilo en maior grao que os anteriores, onde encontraremos detalles antes próximos ao folk que aos rexistros rockeiros.

Galego

Concerto de Rockblasters

The Rockblasters é un grupo ourensán formado por cinco músicos que desfrutan tocando versións de cancións moi coñecidas de grupos lexendarios. Teñen un amplo e variado repertorio que vai dende o rock máis duro ao máis suaves, con tres voces cantantes.

Galego

Concerto de Mr. Wilfred

Mr. Wilfred naceu no interior de 5 rapaces cando apenas sabían o que é unha guitarra, un baixo ou unha batería, nace para cubrir a súa necesidade de vivir a música na súa máxima descarga de adrenalina e de emocións fortes a través da súa paixón, o Rock & Roll.
O proxecto nace en Rivas Vaciamadrid (2009) cando, despois de varios anos en diferentes grupos, conseguen xuntarse nunha sala de ensaio por primeira vez, e desde entón, non fixeron máis que ensaiar para levar a súa música aos case 100 escenarios polos que pasaron.

Galego

Concerto de Avecrem

Avecrem é un dúo formado por David Soprano (batería) e Juanjo Gómez (guitarra). Ambos coñecéronse en Barcelona fai máis de dez anos, aínda que son nados e residentes en Piñor (Ourense) e no Hospitalet de Llobregat respectivamente.
A improvisación é o seu camiño para a composición. Non confían moito nos ensaios e gravar un disco é simplemente un pretexto para inmortalizar os temas creados. A idea baixo a que nacen e prevalecen a súa amizade e a súa música é só unha, grande e libre: Partirse a caixa.
En 2015 chega o seu primeiro LP: "Una Chicha Loca" (Repetidor / Porno, 2015).

Galego

Concerto de Vozzyow

Vozzyow nace en Santiago D.C. das cinzas de Vicky Polard. En outubro do 2014 tras a repentina separación da banda, Xulián Sambade (baixo), Carlos Gómez (guitarra) e Fiz García (batería) deciden que necesitan seguir tocando, por necesidade e por lecer, polo que deciden montar un novo proxecto.
En setembro presentan o disco en directo, destacando o seu intenso concerto no festival WOSINC 2015 en Santiago de Compostela.

Galego

Concerto de Mr. Magoo

Mr. Magoo é unha banda nada en Pontevedra no 2004 que fai, segundo as súas propias palabras "rock e power-pop con raíces na música dos 60's e 70's. Toman o seu nome, segundo eles, "en recordo do eminente proctólogo holandés Frederick Wertham Magoo, doutorado polo ilustre Colexio Universitario de Ámsterdam, e recoñecido na súa especialidade por innumerables entidades académicas Mr. Magoo ao longo e ancho do mundo". Aínda que pode soar máis á maioría dos mortais o debuxo animado.

Mr. Magoo está formada por Bardelino Magoo, Koldo Magoo, Luís Magoo e Rafa Magoo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Pop/rock