Pop/rock

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Alejo Stivel & Carlos Tarque

Alejo Stivel (Arxentina, 1959), nos anos 70's do século XX chega a España onde foi fundador do grupo Tequila, co que se iniciou na escena do rock en español. Posteriormente adicou a súa carreira a producir a outros artistas e á música para publicidade chegando a vender como productor máis de 6 millóns de discos.

Carlos Tarque (Chile, 1969), chega na súa xuventude a España fixando a súa residencia en Murcia. Logo de formar parte de varias bandas coñece a Ricardo Ruipérez con quen forma MClan, grupo que liderarían ata 2008.

Galego

Concerto de Foxy Freire

Xa vai para cinco anos que os catro compoñentes de Foxy Freire -Virxilio da Silva, guitarra e voz; Fernando Sánchez, guitarra; Paco Charlín, baixo e Max Gómez, batería- decidiron desmelenarse e darse o gustazo de crear un grupo que recuperase o son da música coa que creceron. Podería parecer tan só un divertimento ou un desafogo dos seus quefaceres jazzísticos, pero o proxecto callou en directo e agora consolídase coa autoedición do seu primeiro disco, Mongoose Tree.

Galego

Concerto de EXIT

Exit é a banda residente da sala Mardi Gras da Coruña. 
A formación continúa coa mesma actitude do primeiro día, entreter ao público cun show de calidade, poñendo en escena grandes clásicos do rock de todos os tempos.
EXIT está formada por Ton Eirín á voz principal, Marcos Pazo á batería, Javi Vaamonde ao baixo e voces, JC Nogueira e Nando Mato á guitarra. Nas súas actuacións esta formación leva ao escenario a The Rolling Stones, Jimi Hendrix, Bowie, AC/DC, Led Zeppelin e outros grandes.

Galego

Hermanos Cunha

Os Irmáns Cunha son Alberto e Andrés Cunha. Ir ver actuar a eses dous monstros da música significa ver un espectáculo ao grande. No seu repertorio figuran versións de diferentes grupos e estilos de todas as épocas como pode ser cancións e éxitos de toda a vida como Louis Armstrong, Dyango e Pimpinela, Elvis Presley, Antonio Machín, The Platters, Julio Iglesias, Raphael, Joan Manuel Serrat e un longo etcétera.

Galego

Concerto de Selvática

Selvática é un grupo formado por unha parella de músicos vigueses agora residentes en Brasil, Manu G. Sanz (guitarra) e Paula Vilas (voz e batería). Contaxiados da enerxía e vitalidade do país carioca, deciden sacar á luz un LP, rodeándose para iso de músicos da escena galega. Ecos post-punk mesturados con ramallazos pop, garage rock, guitarras surfeiras, ritmos africanos e algo de psicodelia pódense distinguir na súa música. Todo ten cabida na xungla musical de Selvática.

Galego

Concerto de Anti S

Anti S é o alter ego de Santi Zubizarreta (Los Locos Hongos) un proxecto experimental de deconstrucción musical baseado en guitarras eléctricas e voces espectrales no que conflúen ecos da no-wave co punk máis corrosivo e destartalado nun envoltorio lo-fi. Un caleidoscopio sonoro que sen dúbida non deixará indiferente a ninguén que se aventure a penetrar nas súas entrañas.

Galego

Concerto de Nightrage

NIGHTRAGE banda liderada por Marios Iliopoulos quen logo de formala moveuse desde Grecia, o seu país de orixe, cara a Suecia desde onde lanzou as súas mellores obras, quizá isto explique a influencia do metal de Gotemburgo na súa música, death metal melódico agresivo con excelente vocalización e traballo de guitarras.

Galego

Concerto de Los Potes

Ignacio (batería), Firuco (guitarra), Miguel (baixo), Antonio (guitarra rítmica), Luis (teclados) e Javie: (voz). Alá polo ano 1964, uns rapaces do barrio de San Pedro, coa idea de Manolo Fuentes e José María Hernández, xunto con outros tres amigos, Enrique, Pichi e Santiago, comezan a dar as primeiras notas sen ningún tipo de material eléctrico nin batería.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Pop/rock