Concerto de Silvia Penide
Silvia Penide é unha autora e intérprete de cancións moi directas que conectan co público e que empezan a ver a luz no seu primeiro LP "Quilómetros" (2002), seguen madurando en "Invisible" (2005) e "Desafinante Crónica" (2007) que se coa en diferentes programas de Radio3 ou M80 entre outros.
O seu estilo é finalmente un pop contundente, cheo de matices e moi coidado.
A finais de 2014 foi finalista nos Premios Martín Códax da Música Galega.

