Concerto de MotherSeed
MotherSeed nace en Vigo a finais de 2013 da unión de Susi (voz), Ángel (guitarra), Davis (baixo) e Raúl (batería). A unión dos catro cuns gustos e intereses musicais comúns fai que comecen a desenvolver o seu proxecto musical. Froito do traballo e inquedanzas comúns resultan finalistas no certame Música Xove organizado polo Concello de Santiago.
Os seu estilo musical pódese encadrar dentro do rock clásico dos anos 60's e 70's con influencias dos máis grandes do xénero como Led zeppelin, AC/DC, The Rolling Stones, The faces, ZZtop, The allman brothers, The who,...

