Concerto de Brothers in Band
Brothers in Band son o mellor espectáculo de tributo aos Dire Straits. Comezan a súa andaina no 2008 na Coruña, 30 anos despois de que a mítica banda de Mark Knopfler gravase o seu primeiro disco.
No seu espectáculo, The very best of Dire Straits show, ofertan unha experiencia na que reviven o mellor da discografía da banda británica nun formato de 9 músicos no escenario.

