Concerto de Huella
Huella é un grupo pop-rock español de creado a finais de 2012, pola fusión casual de músicos e colaboradores doutras bandas.
Huella é un grupo pop-rock español de creado a finais de 2012, pola fusión casual de músicos e colaboradores doutras bandas.
Betunizer é unha banda de Valencia formada en 2009 por Marcos Junquera, José Guerreiro e Pablo Peiró. Ao longo da súa vida publicaron 4 álbums e realizaron máis de 400 concertos.
Dun estilo que revela un ADN fortemente marcado por post-hardcore, punk e noise-rock, o trío valenciano ten moldeado un libro memorable de estilos incomparable.
Unha banda cunha das personalidades máis sólidas e únicas en España.
The Silent Comedy é unha banda con sede en San Diego iniciada polos irmáns Zimmerman para recuperar e potenciar a cultura dos bares que mesturan música americana, folk, blues e rock'n'roll nun son que está pensado para o seu show en vivo.
The Silent Comedy lanzouse á estrada inmediatamente despois do seu primeiro show e continuaron construíndo nesa tradición. O pai dos irmáns era un predicador que vendeu todas as súas propiedades para viaxar polo mundo, unha experiencia que dá forma ás letras e á ética do grupo.
The Bright son un dúo de folk rock leonés formado por Miryam Gutiérrez e Aníbal Sánchez, ámbolos dous tocan guitarra e cantan.
Rockin' Gina & The Sentinels son un cuarteto clásico de rockabilly con voz feminina formado en Tomiño en 2011, sendo pioneiros e referentes deste estilo e estética en Galicia. Interpretan temas propios con melodías coidadas, ritmos enérxicos e unhas poderosas letras que evocan a estética rockabilly dos anos 1950's, con influencias de Johnny Cash, Carl Perkins, Hank Williams, Elvis Presley e Charlie Feathers entre outros.
Los Hound Dogs son unha banda da Coruña formada en 2004 que trata de recrear o estilo do xenuíno rockabilly dos anos 50. O núcleo dos Hound Dogs fórmano Félix (guitarra acústica e voz), Nelo (guitarra solista) e Antonio (contrabaixo). O grupo quedou definitivamente constituído en 2005 coa entrada de David. En 2014 a actividade do grupo paralízase polo abandono do grupo do batería, retomando a actividade a principios de 2016 tras a incorporación do batería Óscar Caramés.
En 2011 publican o seu primeiro traballo, READY TO BARK.
Noite Fechada nace en decembro de 2012, logo dunha noite de troula, entre Matías, Carmelo e Gustavo un domingo de resaca no Encontro. A idea basease en tratar de contar calquera acontecemento que lles pasa ou se lles ocorre en clave cómica. Empregan o ghallegho típico da súa zona para versionar coñecidos temas que sempre tiran cara o rock. Así a unha música facilmente identificable con temas de rock intégranlle unhas letras graciosas de vivencias e ocorrencias onde ao final o importante e rir e troulear, festa en estado puro e rock bravú.
A instrumentista de Ames propón un espectáculo no cal interpreta os clásicos do rock and roll e rithm and blues dos anos 50's e 60's coa característica diferenciadora de que o fai acompañada dun instrumento, que a priori non está moi vencellado a este xénero musical, o ukelele. A posta en escena vai acompañada dunha estética próxima ás pin-up propia da época da música que interpreta. Chama tamén a atención de usar un ukelele eléctrico, un instrumento que non se está moi acostumado a ver e que se soe asimilar como algo acústico e máis propio do folclore doutras latitudes (Hawaii).
Cun discurso tan intenso como propio, e poñendo un ollo na cultura tradicional e outro na sociedade postindustrial, a proposta de Pablo Und Destruktion pódese entender como a ponte que une a Asturias musical de Nacho Vegas e Lucas XV coa actitude do Nick Cave máis recente.
Grupo nado no ano 2011 en Lugo. O seu son acércase ao britpop e ao rock alternativo. Comezou a súa aventura musical participando con diversos músicos da súa localidade na gravación dun disco chamado Xoves con Arte e gravado en Abrigueiro Estudios co produtor musical Arturo Vaquero. Foron finalistas en diversos concursos musicais como Airiños de Rock & Roll e Sereas e Piratas.
Durante 2013 compoñen novos temas e comezan a gravación do seu primeiro disco, Trees Die Standing Tall, que sacan ao mercado en 2014.