A Gramola Gominola
Unha nova formación composta por recoñecidos músicos: Paco Cerdeira, Anxelo de Xermar, Paula Romero e Rodrigo Muñoz.
Presentan un proxecto musical diferente, tendo como eixo central o Rock and Roll, e explorando todos os estilos da música actual: reggae, baladas heavys, pop, funk, country, blues, ska… Nel fan un repaso pola historia da música moderna, a través do cal os nenos poderán coñecer cal foi a súa evolución, tratando nas súas letras valores tan esenciais como a amizade, a familia, a importancia de facer deporte e levar unha alimentación saudable, os xogos, a natureza…