Pop/rock

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Cantares

A proposta de Eladio y los Seres Queridos é unha revisitación de grandes éxitos da música tradicional galega levados a unhas texturas mais populares e contemporaneas, incluindo cancións de Batallán, Seoane, Emilio Cao, Miro Casabella, Andrés do Barro...

Todo hits que nos levan a un tempo anterior pero con renovados folgos.

Galego

E isto é amor

Segundo traballo de estudio e terceiro da discografía de Caxade, tendo en conta o DVD/CD gravado en directo coa Banda de Música de A Bandeira. A canción E isto é o amor é unha letra de Séchu Sende que Alonso Caxade musicou.

Un directo poderoso e envolvente que gusta por igual ao público indie e ao folkie e que non deixa a ninguén indiferente. A consolidación dun son e dunha voz que insufla aires pop na música tradicional galega.

Concerto dentro da Rede galega de música ao vivo.

Galego

Los Zentholos

Los Zentholos é un grupo de rock ferrolán formado por Sergio Abeledo, Manu Couce, Marcial Aneiros, Chapas Pardo e Pipo Branco.

Nos seus concertos realizan un espectáculo de máis de dúas horas, no que realizan un percorrido ao longo da historia da música desde a década dos cincuenta. Rock&roll, pop, ska, reggae... ningún xénero escápaselle a esta banda, que adereza as súas versións co seu propio toque made in Galicia.

Galego

Electric Mojo Blues Band

Electric Mojo Blues Band é unha banda de versións formada por Yosi Tizón, Mon Blues, Ricardo Torrado, Pedro Loures. Entre o seu repertorio habitual poden atoparse temas de grandes da historia do rock e do blues, como Ray Chales, Elvis, Eric Clapton ou The Blues Brothers.

Galego

The Funkles

Este evento o vemos dentro do Compostela É! Música que está englobado na programación dás Festas do Apóstolo do 2017.

 

The Funkles é un grupo musical que se encarga principalmente de versionar cancións dos Beatles que foron un éxito ata agora. Ao principio non contaban con moita fama pero aos poucos danse a coñecer en todo ou mundo.

 

Galego

The Legendary Flower Punk

The Legendary Flower Punk é unha banda de rock psicodélico rusa. A súa música caracterízase polas influencias da música experimental e do punk.

Ao longo da súa traxectoria publicaron discos como Kalipsoo, The Time,The Place. Recentemente publicaron Zen Variations, o seu último traballo.

Galego

Roger Hodgson

A banda Supertramp non se entende sen o seu cofundador e vocaslita durante máis de catorce anos, Roger Hodgson. Hodgson formou parte de Supertramp desde a súa fundación en 1969, ata 1983, ano no que abandonou a agrupación para seguir coa súa carreira en solitario.

Como solista, Hodgson publicou os discos In The Eye of Storm, Hai Hai, o seu disco de directos Rites of Passage e Open the Door. Actualmente Hodgson atópase mergullado nunha intensa xira, que lle levaron xa a interpretar os seus clásicos en todas as partes do mundo .

Galego

Dorian + Cala Vento

Na actualidade, Dorian é unha das bandas máis icónicas do panorama indie en España. Durante a sua traxectoria publicaron catro discos de estudo, 10.000 metrópolis, El futuro no es de nadie, La ciudad subterránea, La velocidad del vacío e o unlugged  Díez años y un día.

Galego

The Chevelles + The Gift

A banda portuguesa The Gift actuará na Praza da Quintana acompañados polos australianos The Chevelles.

The Gift é unha banda formada en 1994 de pop-rock electrónico, caracterizada polo seu estilo experimental e innovador . Ao longo da súa traxectoria publicaron cinco discos e en 2005 recibiron o premio MTV ao mellor artista portugués.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Pop/rock