Havalina
Ao longo das nove cancións de Muerdesombra, o grupo crea unha descarnada banda sonora para o universo particular de Manuel Cabezalí, encadrado esta volta nas fronteiras da ciencia ficción e as chiscadelas a un dos seus autores favoritos, o norteamericano Brandon Sanderson. Muerdesombra mantén os sinais de identidade da banda: rocosas bases pesadas, liñas de baixo concisas, que morden e deixan espazo para que a voz hipnótica de Manuel Cabezali nos introduza nun mundo no que é doado entrar pero difícil saír.

