Pop/rock

Galego
Taxonomy Imagen png: 

The Orange Alabaster Mushroom

O proxecto creado en 1992 polo canadense Greg "Grog" Watson toca por primeira vez en España, unha oportunidade única para ver a un dos maiores xenios da escena psych dos últimos 25 anos.  Case tan difícil como velos fóra de Ontario é conseguir os seus discos (un par de EPs e unha recompliación de cancións nun único LP de 2001), factores que teñen moito que ver no estatus de banda de culto que ten The Orange Alabaster Mushroom.

10 euros anticipada / 12 euros na entrada

Galego

X Festival Rock in Rian

O 9 de setembro do 2017 a asociación Rock in Rian, encargada de facer o festival Rock in Rian, celebra a súa décima edición. Será no parque de Galicia en Rianxo ao lado do Auditorio Municipal. Dez anos de festa representados en máis de 12 horas continuas de música rock, rap, ska, artes circenses, clown, pasarrúas, pasabares, roteiros culturais pola vila e moitas sopresas máis. O obxectivo é acadar un modo de celebración familiar onde todos poidan desfrutar destes dez anos.

Galego

Maple Apple

Os coruñeses Maple Apple levarán o seu rock alternativo a Cangas. O grupo Stoyka serán os anfitrións. 

O grupo promete unha noite chea de variedade e de enerxía sonora.  

Galego

The Soul Jacket

The Soul Jacket, o grupo de rock&roll de Vigo, estará en Cangas, na que considera unha das súas salas "talismán" tocando temas do seu novo álbum e coincidindo coa saída das primeiras copias en vinilo do seu disco VOL. III. 

 

Galego

Freedonia

Desde 2006 Freedonia leva demostrando que en España fanse bo soul e bo funk. Shenobi é o seu terceiro disco gravado de forma 100% analóxica este ano. Os dez integrantes da formación madrileña estarán o día 19 de agosto no Náutico de San Vicente do Grove demostrando que son un dos mellores directos de España. Cancións como Heaven Bells ou Beggin’ You farán que o ritmo explote na noite galega.

Entradas: 12/15 euros

Galego

Benjamim

O escritor de cancións que pasou catro anos radicado en Londres volveu para Portugal en 2013. Construíu o estudo en Alvito e comezou a dar vida aos temas que constitúen o álbum de estrea.  Auto Radio é un disco feito para que todas as persoas consigan comprender, un traballo en busca das historias que non existen en máis parte ningunha do mundo.

Galego

Sweetkiss Moma

É unha banda de rock que vén desde Seattle. Desde as súas interpretacións no seu país de orixe, non tardan moito tempo en ser chamados por todo o mundo para realizar xiras musicais.

Sweetkiss Moma fórmase no ano 2000, onde empezan a realizar durante varios anos melodías evanxélicas e espirituais na igrexa do seu pobo. Aos poucos van mesturando os seus estilos musicais do rock dos 70 e 80.  No ano 2008, cando presentan o seu primeiro disco, comezan a gañar fama a nivel internacional.

Galego

Blazer

O grupo ten unha forte influencia do rock dos anos 70 e 90. Ao principio realizaban versións das cancións dos grandes grupos musicais, pero co tempo comezan a compoñer as súas propias letras.

Esta banda nace dun grupo de amigos en 2008 que se coñecen no colexio e teñen os mesmas inquietudes musicais. Blazer é unha banda de rock que vén de Arxentina e conta coa voz de Joaquín Rovagnati, a guitarra de Marcos Piñeiro Pearson e coa batería e o baixo de Juani Rovagnati e Florencio Varela, respectivamente.

Galego

Los Deltonos

Los DelTonos fórmanse en Cantabria no ano 1986. O único integrante que segue desde que se forma o grupo por primeira vez é Hendrik Röver, que se encarga do baixo, a batería e a guitarra.

A banda ten fortes influencias de diversos estilos musicais como o pop, o punk e o rhythm and blues. Pero nos últimos discos obsérvase un estilo fixo que os leva cara ao rock nacional. O último disco, que sae á luz este mesmo ano chámase Os Deltonos e teñen cancións coñecidas como A Verdade, Colisión ou Bos Tempos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Pop/rock