Pop/rock

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Morat

Morat nace no 2015 e recolle influencias de diferentes estilos musicais como o de Sabina, os Red Hot Chilli Peppers ou Eric Clapton. Os integrantes do grupo coñecense desde pequenos e levan toda a vida estudiando xuntos en Bogotá.

Este grupo de estilo folk pop alcanzou o éxito internacional grazas á colaboración con Paulina Rubio no seu tema Mi nuevo vicio e desde entón, non paran de crear éxitos a nivel mundial.

Galego

Robbie & Seth

Este grupo formado por Robbie Rist e Seth Gordon, formaban parte hai tempo da banda de pop coñecida mundialmente The Mockers.

O dúo encárgase neste momento de interpretar os grandes éxitos da súa antiga banda, ademais de diferentes versións das cancións favoritas do público.

Este grupo realiza xiras por Estados Unidos durante todo o ano e obteñen moito éxito. esta vez traen as súas melodías a España, onde están moi ben considerados por todos debido á súa facilidade para poñer en común a paixón pola música e o humor.

Galego

Cora Sayers en concerto

Concerto da cantante Cora Sayers, acompañada da súa banda, no que presentará os seus novos temas en castelán e no que fará un breve repaso dalgúns en inglés.

Cora atópase inmersa na presentación desta nova e fresca etapa musical, que a levará a tocar no Santiautor, en dous concertos do Club-E, en varias cidades europeas e na Fiesta Demoscópica da Mondosonoro en Vigo.

Cora: voz e guitarra

Nico: guitarra

Nico: baixo

Iván: batería

Galego

The Gift

A banda portuguesa The Gift é unha das bandas máis famosas do seu país, onde os seus hits soan en todas as radios e son éxitos en vendas.

The Gift é unha banda formada en 1994 de pop-rock electrónico, caracterizada polo seu estilo experimental e innovador. Ao longo da súa traxectoria publicaron cinco discos e en 2005 recibiron o premio MTV ao mellor artista portugués.

Galego

Macaco

Macaco é un dos artistas do xénero urbano máis recoñecidos do noso país.  Ao longo da súa traxectoria publicou 15 discos, os máis recentes, Historias Tattoadas (2015) e El Murmullo del fuego (2012).

O estilo de Macaco móvese entre a rumba, o reggae e outros estilos urbanos como o beatbox.  Macaco é ademais un artista comprometido co medioambiente. O seu proxecto medioambiental Moving en colaboración con National Geographic foi galardoado co premio Ondas.

Galego

Agoraphobia

Agoraphobia lanza o seu primeiro EP, "Dirty Little Things" a finais de Setembro do 2014, tras ter gañado o concurso de talentos musicais VODAFONEyu. Foron seleccionadas entre un gran número de propostas de toda a península.

Compartiron escenario con grupos de primeira liña nacional como Russian Red, The Zombie Kids, Lori Meyers, Wally López ou Delorean e teñen tocado xa como cabezas de cartel en festivais da relevancia do Brincadeira, Son Rías Baixas ou o Castelo Rock. Agora preparan o seu salto a nivel nacional e internacional.

Galego

Cantares

A proposta de Eladio y los Seres Queridos é unha revisitación de grandes éxitos da música tradicional galega levados a unhas texturas mais populares e contemporaneas, incluindo cancións de Batallán, Seoane, Emilio Cao, Miro Casabella, Andrés do Barro...

Todo hits que nos levan a un tempo anterior pero con renovados folgos.

Galego

E isto é amor

Segundo traballo de estudio e terceiro da discografía de Caxade, tendo en conta o DVD/CD gravado en directo coa Banda de Música de A Bandeira. A canción E isto é o amor é unha letra de Séchu Sende que Alonso Caxade musicou.

Un directo poderoso e envolvente que gusta por igual ao público indie e ao folkie e que non deixa a ninguén indiferente. A consolidación dun son e dunha voz que insufla aires pop na música tradicional galega.

Concerto dentro da Rede galega de música ao vivo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Pop/rock