Oh! Ayatollah e amigos
A banda de pop presenta o seu novo LP Volve a canción protesta, acompañados de moitas bandas amigas.

A banda de pop presenta o seu novo LP Volve a canción protesta, acompañados de moitas bandas amigas.
Os Bruce Brothers, unha banda homenaxe a Bruce Springsteen, ofrecerán un concerto de rock no que os máis pequenos da casa poderán disfrutar da historia e as mellores canciones de The Boss.
O volume da actuación será acorde aos oídos dos máis pequenos.
Despois dun tempo sen xuntarse, catro músicos cunha amplia bagaxe musical (tocando en grupos como High Sierras, Wildcats, Inculpados, AAF´60, etc) reúnense de novo para facer un amplio percorrido polo máis granado do rock&roll internacional.
Alberto Cunha (showman, actor) á voz e guitarra, Jacobo Jiménez (mestre de mestres) á guitarra eléctrica, Jesús Dasilva ó baixo eléctrico e Andrés Cunha á batería, conforman unha das máis explosivas formacións musicais...
Concerto da cantante Cora Sayers, acompañada da súa banda, no que presentará os seus novos temas en castelán e no que fará un breve repaso dalgúns en inglés.
Cora atópase inmersa na presentación desta nova e fresca etapa musical, o que a levará a tocar no Santiautor, en dous concertos do Club-E, en varias cidades europeas e na Fiesta Demoscópica da Mondosonoro en Vigo.
Con O mínimo que o contén todo, o seu último proxecto, a banda ITH ofrece un traballo orixinal, agradable, con todos os temas en galego. As súas letras van dende o rock ao pop, e versan sobre temas cotiáns.
Agoraphobia lanza o seu primeiro EP, Dirty little things, a finais de setembro do 2014, tras ter gañado o concurso de talentos musicais VODAFONEyu. Foron seleccionadas entre un gran número de propostas de toda a península.
Compartiron escenario con grupos de primeira liña nacional como Russian Red, The Zombie Kids, Lori Meyers, Wally López ou Delorean e teñen tocado xa como cabezas de cartel en festivais da relevancia do Brincadeira, Son Rías Baixas ou o Castelo Rock. Agora preparan o seu salto a nivel nacional e internacional.
Triángulo de Amor Bizarro estará no Playa Club da Coruña, no marco do ciclo Retroalimentación. A banda coruñesa volve á súa localidade de orixe, onde tocarán os temas máis significativos da súa carreira.
Romance será a banda invitada.
As entradas custarán 12 euros en venta anticipada e 15 euros en porta.
Tras o seu paso por Barcelona e Madrid, Natalia Lafourcade recalará no mes de febreiro no ciclo SON(S) Ferrol. A artista mexicana, coñecida pola súa mestura de sons latinoamericanos con elementos de jazz, rock, bossa nova e folk, interpretará os grandes éxitos da súa carreira e presentará, ademais, o seu último álbum Musas.
A principios de 2014 os irmáns Martín —Rufus El Guarro— e Jorge Lorre (Los Hijos Bastardos De Peter Lorre, The Allnight Workers, Family Folks, Dead Wood...) comezan un novo proxecto, xunto a Doble M (Dead Wood), coa idea de facer dos seus conertos auténticas celebracións de rock’n’roll, onde o punk, o surf instrumental, o garage ou incluso o frat teñen unha cita ineludible coa diversión e o sentido do humor. Nos seus directos poderás atopar versións de grandes bandas, como The Sonics, Bo Diddley, Flamin’ Groovies ou Link Wray, ademais de temas propios instrumentais e vocais.
Los Planetas chegan á Coruña, nunha das paradas da súa xira. O grupo presentará as cancións do seu último álbum, Zona temporalmente autónoma.
Nun principio, o concerto estaba previsto na Sala Inn Club, pero tivo que ser reubicado e será finalmente no Palexco. As entradas non estarán numeradas e os asistentes terán que se sentar por orde de chegada.
Só para maiores de 18 anos, segundo as condicións de venta de entradas