Pop/rock

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Erja Lyytinen

Concerto de blues rock da finesa Erja Lyytinen, guitarrista considerada como a raíña do slide en Europa e que tamén conta cunha marabillosa voz. Presenta o seu novo traballo Stolen Hearts, editado a principios do pasado ano, tras once álbums de estudio, un directo gravado en Londres e un recopilatorio.

Galego

Pegas Negras & Antonio Tato

Pegas Negras ten un repertorio propio con temas en castelán e  influencias que van do rock'n'roll dos pantanos ao country ou o hilbilly. A formación está composta por Berto Pega, voz e guitarra acústica, cunha ampla experiencia en bandas como Susie Come Here, Beerseekers ou Dirty Galpon; Gon Urraca, guitarra eléctrica e coros, quen pasou por grupos como Killer Barbies, Skacha, Camarada Nimoy e Ofensiva; Koko Urraca, contrabaixo e coros, procedente de Breakin'Bones; y Xandre Urraca, batería.

Galego

Noe Black & The Bang Band

Trío compostelán capitaneado por Noe Black que reinterpreta algúns dos grandes éxitos do rock n' roll americano dos anos 50. Acompañada por Jerry Noia a guitarra e Fran Facal nas percusións, conseguen sorprender dándolle unha volta  a eses clásicos coñecidos. Un directo divertido.

Galego

Los Vagos de Lalín

Los Vagos de Lalín son unha banda que se autodefinen como "delincuentes xuvenís xubilados", que tocan cancións propias enmarcadas no seu estilo, "rock ortodoxo", sen postureos nin florituras. Grupo creado a medidados e disolto a principios dos noventa, reuníronse en 2014 e desde entón non paran de facer cousas: máis de 100 concertos, tres discos, banda sonora dunha longametraxe, etc. Creceron con Led Zeppelin, Leño, Rolling Stones, The Kings e 091, as súas influencias máis recoñecibles. Rock sincero, directo e sen concesións á galería.

Galego

Malandrómeda

Paisaxismo e paisanismo. Os corenta e oito nomes do inimigo é afogarse en Ribeiro, chorar nos bares, pasear por Vista Alegre mentres chove. As once cancións do novo LP de Malandrómeda permiten ver a Hevi por primeira vez sen chándal, nu, na súa versión máis crúa e emocionante despois de cinco anos de silencio. Unha auténtica viaxe por ambientes e paisaxes de desgarro sonoro e poético que combinan a vangarda e o costumismo como quen pasa de santa a satán. 

Galego

Pablo Und Destruktion

Pablo Und Destruktion ten unha prótese de titanio, nove parafusos cravados de lado a lado no seu brazo que cando cambia o tempo lle provocan serias incomodidades. É unha persoa aberta e faladeira, colle confianzas rápido e enfádase moito cando alguien falta á verdade. Gústanlle a amizade, a liberdade e o bo iempo. Non lle gustan a inxustiza, a maldade, nin os nenos malcriados. Ten desatascado varios pozos negros na Comarca da Sidra e agora, empregando unha técnica moi similar, dedícase a facer cancións”. Así se presentaba o cantante asturiano, cuxo nome real é Pablo G.

Galego

Le Singe Blanc

Dous baixos que trotan, unha batería que rompe todos os ritmos e dúas voces alucinadas son os ingredientes do cócktail, pero non o imaxinas ata que o ves. Post punk arriscado de alta octanaxe rítmica e orixinalidade a proba de bombas.

Os franceses volven ao Liceo Mutante tras o concerto que deron cando o lugar levaba só uns meses aberto.

Galego

Caxade

Caxade e Orquestrada tomarán a praza da Quintana como parte das festas da Ascensión. 

Caxade é o proxecto persoal de Alonso Caxade. Folk-pop cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo posmoderno e discurso reivindicativo, metafórico e irónico.

Galego

Sidecars

Sidecars é unha das bandas de referencia do rock actual.  Tras cinco discos, no seu último LP Cuestión de Gravedad despregan o seu saber facer acumulado en todos estes anos con acenos a case todos os artistas que influíron na súa música -de Burning e Los Ronaldos a Pereza o Tom Petty- con algún toque acústico e unha sensibilidade que non resta forza.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Pop/rock