Pop/rock

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Leah Senior

Leah Senior vén desde Melbourne e coa súa presenza doutro mundo e un lirismo único, conecta con estándares atemporais e de aí pasa a unha sensibilidade do século XXI.

Leah Senior publica a súa música en Flightless Records, o selo de King Gizzard & The Lizard Wizard. A súa música é como espiar os pensamentos expresados doutra persoa. Lembra á alegría de Joni Mitchell a través do seu acolledor minimalismo.

Galego

Guadalupe Plata

Guadalupe Plata non son uns recén chegados, aínda que pola urxencia que supura a súa música pareza que foi onte cando publicaron o seu primeiro Ep homónimo, un disco que marcou unha clara directriz para a banda: traballo, militancia e unha manifesta paixón polos clásicos.

Galego

Mordem

A palabra galega para ’morden’, sacada dun poema de Rosalía de Castro, serviu a Elba Fernández para bautizar o seu novo proxecto, Mordem.

Galego

Pablo Prisma y las Pirámides + Tulip

Pablo Prisma y las Piámides veñen presentar Grandes felinos fantasma, un disco que soa a conto de medo con final feliz, un pasadizo a un mundo de fantasía que se convirte en po en canto se quere poñer un pe nel. 

Tulip traen o seu EP homónimo estreado este mesmo ano, e nas súas filas militan figuras que no seu día pasaron por proxectos como Fantasmage, Wild Balbina, Seda, Dois ou Mvnich

Galego

The baboon show

Dende Estocolmo, cun bo feixe de discos editados e 15 anos de experiencia descargando o seu directo en salas e festivais de toda Europa, chegan a Vigo The baboom show presentando o seu novo disco Radio Rebelde.

Galego

Patricia Moon

Patricia Moon presenta en concerto o seu terceiro disco Rock & Love, que sorprendeu coa metade das cancións en castelán. Nel vólvense reunir conceptos musicais diversos: do soul á música clásica, do blues ao grunge. Son duro con letras repletas de tintas persoais.

Galego

Christina Rosenvinge

Prezo: 16€ anticipada / 19€ taquilla
Prohibida a entrada a menores de 18 anos

Christina Rosenvinge presenta Un hombre rubio, o seu décimo traballo en solitario.

A partir de Romance de la Plata, canción dedicada ao seu pai, Christina Rosenvinge adéntrase na fortaleza emocional dos homes asumindo distintas identidades: un pai, un fillo, un amante, deixando aberta a posibilidade de que por medio do uso do masculino xeral en realidade estea a falar de si mesma… ou de si mesmo?

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Pop/rock