Pop/rock

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Moon Cresta en concerto

MOON CRESTA, tras 20 anos de actividade presenta a súa 4ª entrega discográfica Civil Fuzz Brigade, un disco rotundo listo para presentar ao vivo nas salas de Galicia.

Hora e media de Power & Funk. Hora e media de baile, suor e xúbilo. Únete á brigada civil do fuzz.

Galego

Maneiro en concerto

Con Acaricia mis arrugas o seu segundo álbum discográfico, Maneiro da un paso ao frente na súa consolidacion como solista, perfilando a sua traxectoria como letrista e compositor e ofrecendo un traballo máis maduro e fiel as súas orixes.

Galego

Concerto de Los Mecánicos

Fernando Esclusa (ex Guru Deva), Fran Castro (ex Strauss) e José M. Martínez "Bonham" (ex Deluxe, Miguel Costas) proxectaron todas as súas obsesións musicais cara a década dos sesenta.

Estes xóvenes e veteranos músicos xúntanse co obxectivo de reverenciar tan inmenso legado do pop-rock anglosaxón de formacións tan extraordinarias como The Beatles, The Kinks o Small Faces que se misturan de maneira explosiva co variado cocktail de artistas tan añorados do rock hispano como Bruno Lomas, Los Salvajes, Los Bravos, Fórmula V ou Los Brincos.

Galego

Los Manitoba en concerto

Los Manitoba formáronse a fináis do 2019. Na súa música conflúe o rock clásico co country, o swingbilly, o rockabilly e máis o psycobilly. O seu obxetivo: crear cancións que non poidas parar de bailar.

Compoñentes:

Juyma Estévez: Voz, contrabaixo e composicións

Andrelo: Guitarra

Noli Torres: Batería

Galego

Juan Carballo & Os Imperfectos en concerto

Cunhas letras moi coidadas e un sorprendente son que camiña entre o folk e o Rock, son capaces de orixinar experiencias e aumentar seguidores en cada concerto.

Juan Carballo e Os Imperfectos comezan a súa andaina a finais de 2017 e durante dous anos percorren os mellores espazos e salas de Galicia, Asturias, León e recentemente de Portugal. Converténdose nunha das novidades na escena musical cunha proposta proposta diferente e orixinal.

Na actualidade continúan preparando novos concertos e a saída do seu primeiro traballo discográfico conxunto.

Galego

Grilo en concerto

GRILO é un grupo rock en galego creado no 2018 na cidade de Compostela composto por Adrián (guitarra e voz, Miguel (batería)  e Alberte(baixo e coros)

En novembro de 2018 publicaron Criminal, o seu primeiro sinxelo. Un trallazo de rock duro que xa deixaba ver as influencias nas que se move o grupo. Rebelión, segundo asalto sonoro dos composteláns, foi publicado en febreiro de 2019 e permitiu á banda posicionarse no xerme da nova escena musical galega.

Galego

Eladio y los seres queridos en concerto

Eladio e os Seres Queridos presentan Academia

O sexto álbum da banda e terceiro desde que se autoeditan, chega con moita personalidade e mostrando todo o que se pode facer con tesón e creatividade, sen moito presuposto pero con tempo, a clave desta proposta. 

Despois de centos de concertos por toda España a banda xa ten claro onde quere chegar e que quere contar e é iso precisamente do que veñen falar, de Academia.

Galego

Cachas &cousins en concerto

Cachas&Cousins é unha banda de rocksteady, R&B e soul xamaicano formada en Santiago de Compostela no ano 2014. No seu repertorio contan con clásicos da música xamaicana dos anos 60, cos cales transmiten a súa paixón polo ska e o rocksteady, imprimindo nas actuacións o máximo respeto polas raíces do estilo e buscando un coidado sonido que se asemelle ao utilizado por grupos da época, con un mimado e enérxico directo que non deixa indiferente a ninguén, apto para tódolos públicos.

Galego

A Malfalada

A Malfalada basease en temas do novo traballo de Pauliña que se presenta neste 2020 xunto ca xira por toda Galiza e España

Consta de temas country mesturados con rock, soul e blues, unha proposta innovadora, totalmente en galego, e que ven a encher o espazo que faltaba na Galiza.

Enrriba das táboas, acompañando a Pauliña, catro músicos con unha longa traxectoria e moitos kilometros percorridos a o longo de máis de 20 anos de  tocar por todo o mundo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Pop/rock