Pop/rock

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A Alma

Este sétimo traballo en estudo da banda supón a estrea da súa nova formación, co retorno do cantante Alex Charlón e as incorporacións de Julio Vilariño e Cibrán Tenreiro

A produción do álbum, cun son atmosférico que homenaxea dende o pop xéneros como o soul minimalista, o krautrock ou o rock de estadio, correu a cargo de Hevi (Malandrómeda, Fluzo)

Galego

Academia de Rock

"Academia de rock" é un espectáculo familiar, recomendado desde os tres anos, no que percorreremos a historia do rock desde os seus inicios ata a actualidade. Elvis Presley, Beatles, Os Ramones,Queen, Rosendo, Loquillo,Sinistro Total e máis temas de artistas que marcaron unha época.

Galego

Mónica al desnudo

Tras 25 anos de carreira nos que, entre outros fitos e récords, logrou vender máis de 10 millóns de discos e ser galardoada con 3 premios World Music Awards, Mónica Naranjo tráenos un evento único para unha artista do seu nivel, "Mónica al desnudo", un evento completamente interactivo no que o público poderá ter preto a artista, onde poderán escoitar de primeira man o que Mónica lles quere contar, onde poderán preguntar aquilo que sempre quixeron saber.

Galego

THE SIBARITAS

The Sibaritas farante cantar e bailar con temas do pop español inesquecibles dos anos 80 e 90, pero tamén con cancións actuais e con versións de grupos internacionais coñecidas como Queen, Maná, e mesmo The Beatles. Divertidos e amenos, son o mellor acompañamento nunha noite de venres ou en calquera festa.

Galego

The Last Internationale

The Last Internationale, formado por Delila Paz e Edgey Pires, ofrecerá varios directos polo territorio español. Un dos seus concertos será en Santiago de Compostela o 16 de febreiro na sala Capitol.

O grupo naceu en Nova York no ano 2008 e publicaron tres discos, sendo o último deles "Soul on fire" publicado en 2019. As súas cancións están cheas de letras protesta sempre cunha gran carga política.

Galego

Ana Guerra y Cepeda

Os famosos extriunfitos Ana Guerra e Cepeda darán un concerto xuntos en Santiago. 

Non é ningún segredo que "Operación Triunfo 2017" foi unha das edicións máis exitosas da historia do formato musical. Ana Guerra, Cepeda, Aitana e Lola Índigo son algúns dos nomes que máis sonan nas cadeas musicáis e, todos eles sairon da Academia.  

Galego

Diego Torres en Concierto "Tour TBC"

Diego Torres chega a España en novembro para presentar "Tour TBC" en Madrid, A Coruña, Barcelona e Málaga. Coas súas cancións de amor, os seus temas sociais que nos fan reflexionar e as súas melodías que transmiten ledicia en todo o mundo, o cantante, compositor e actor arxentino Diego Torres enriqueceron as nosas vidas ao longo dos seus 25 anos de carreira musical como solista Diego vendeu máis de 20 millóns de discos e cos seus novos sinxelos consolídase como un dos artistas máis importantes do pop latino.

Galego

Nicolás Pastoriza

Despois de publicar tres discos en solitario, Nicolás acaba de estrear PyME. Tras ano e medio compoñendo e gravando presenta dazeséis historias onde van da mán a ciencia ficción e o máis cotidián, sempre fiel aos seus referentes literarios como Ray Davies e o disco branco dos Beatles.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Pop/rock