Concerto de El último burro
Banda tributo á carreira de Manolo García e Quimi Portet

Banda tributo á carreira de Manolo García e Quimi Portet
Quen somos? BLACKSTEREO!!
A que vimos? A FACERCHE BAILAR!!
Esta é a premisa coa que nace BLACKSTEREO, a unión de cinco músicos consagrados coa firme decisión de render tributo á nai de todas as músicas. Está no noso ADN, crecemos escoitándoa, aprendimos con ela, emocionámonos e por suposto BAILAMOS, falamos da MÚSICA NEGRA: o Soul, o Rhythm&blues, o Rock&Roll, o Funk....
BATEA nace en Vigo no ano 2020. Fundada por antigos membros de Virandeira, grupo folk que acumulou un cento de actuacións e dous discos nos seus dez anos de vida, a nova banda fusiona definitivamente o son da gaita galega co xénero rock.
BATEA son:
André Taboada (violín), Iván Martínez (batería e percusións), Roberto González (guitarras), David Oitabén (frautas), Chema Alonso (gaitas) e David Casal (baixo).
MOON CRESTA, tras 20 anos de actividade presenta a súa 4ª entrega discográfica Civil Fuzz Brigade, un disco rotundo listo para presentar ao vivo nas salas de Galicia.
Hora e media de Power & Funk. Hora e media de baile, suor e xúbilo. Únete á brigada civil do fuzz.
Apart nace no 2014 logo de que un grupo de amigos se xuntase para desfrutar xuntos da súa paixón en común. Grabar sesións no estudio, compoñer cancións e por suposto facer bailar ao público en concertos en directo. O grupo defínese como unha banda de rock-indie influenciada por sonidos característicos dos 70´s como o soul, a música disco e o rock máis clásico. Cunha visión actual, tratan de modernizar un estilo basado en riffs de guitarra e melodías vocales sencillas que conectan co público desde o principio.
As barbancesas levan anos conseguindo recoñecementos.
RISCO é musica de dentro, da nostalxia e da pérdida. Tambien desa cousa cotiá do amor. Con influencias folk e de música popular hispanoamericana, ao redor das cancións de Carlos Risco se reunen vellos coñecidos: o seu irmán Ton Risco ao vibráfono, o acordeón e a percusión e o seu vello amigo o guitarrista Antonio Casado.
Grima nace en Pontevedra de man de Facundo Pardo (batería) e Laura García (baixo,voz) membros paralelamente de grupos como Monrovia, Montclair ou o colectivo de músicos Metamovida.
Tras unha primeira toma de contacto tocando de maneira informal en Litium Records deciden constituírse como banda e dar comezo á elaboración dunhas cancións que conxugan un estilo que oscila entre o grunge, o metal, o stoner, o punk e deixes de progresivo experimental. Unha mestura nova, fresca e difícil de encasillar.
The Tetas' Van nace en 2011 coa idea inicial de crear unha banda de mulleres co obxectivo primordial de visibilizar á muller dentro do panoarma musical, pois observaron que non hai moitas referentes dentro deste ámbito. É moi importante visibilizar o papel da muller en todos os contextos, sobre todo para as novas xeracións. É un dos obxectivos deste grupo que dicen textualmente: “Queremos normalizar a figura da muller no escenario”.
VERTO son dous rapaces máis ou menos de Santiago que fan, antes ca nada, música Pop, da moderna, da de agora. Teñen influencias do trap e do R & B máis actual, pero miran con ansia cara a música dos anos 80.