Matinés do Principal: ELE
Sen facer moito ruído, pero inequivocamente atrevida, ELE, nome artístico da cantante e pianista madrileña Elena Iturrieta, acabou revelándose como unha das voces máis exquisitas e delicadas da nova escena española. "Summer Rain", o sorprendente álbum co que a descubrimos fai tres anos, levouna a tocar en 75 teatros do país, así como no festival South by Southwest Texas.

