Pop/rock

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Grupo Maneiro: Acaricia mis arrugas

Javi Maneiro leva máis de 25 anos na música, primeiro con Heredeiros da Crus, co que sigue activo, e posteriormente con Jabón Blue, grupo co que acadou gran éxito ata a súa disolución fai 5 anos.

Agora chega co seu segundo disco en solitario Hombre Árbol despois de presentar un exitoso Furtivos que lle valeu o recoñecemento de público e crítica.

A súa proposta de rock elévao á órbita dos grandes do panorama nacional. 

Galego

Reflejos

Adrián Vigo presenta este 2018 o seu segundo disco. Baixo o título de “Reflejos”, Adrián Vigo reúne 12 cancións vestidas coas mellores galas. 

No concerto tamén haberá momentos para recordar temas do seu primerio disco "Profunda amistad" e algunha versión galega.
 

Atopámonos cunha variedade musical difícil de ver nestes tempos: dende o pop máis comercial ata os sons latinos, coqueteando polo camiño coa canción galega, o rock, ou a música de raíz...
 

Galego

SonBoleros

SonBoleros é un uarteto formado por contrabaixo, voz, piano epercusión cunha liña moi elegante. Rinden homenaxe ás mellores cancións da música latina.O seu repertorio se compone de Boleros, Tangos y Sones. Ideais para amenizar Cocktail, eventos, entregas de premios e concertos en xeral.

Compoñentes: Ildemaro Díaz: Percusión; Pachi Cruz: Contrabajo; Cristian Leggiero: Piano; Ely Morales: Voz

Galego

Gramola Yé, Yé

Gramola Yé,Yé é un cuarteto formado por guitarra, baixo, batería e voz cunha línea moi fresca e festiva. Renden homenaxe ós guateques, ó movemento Yé Yé e ás cancións do verán dos anos 60 e 70.

A formación caracterízase pola súa exquisita calidade musical e dará ós vosos eventos un toque fresco no que non se parará de cantar nin bailar.

O seu repertorio compóñese de cancións de los Diablos, Los Bravos, Karina, Massiel, El Dúo Dinámico e recordarán cancións como Las flechas del Amor, Un Rayo de Sol, OH,OH July o El Bául de los recuerdos ou o clásico La,La,La.

Galego

Kilómetro a Kilómetro

10 anos na estrada e a galegos Tregua celébrano regalando aos seus fans un disco recompilatorio onde reúnen a un puñado de amigos cos que compartiron este camiño( Carlos Escobedo- Sôber, Pedro- A Fuga, Javi Maneiro - Heredeiros dá Crus, Fernando Madina Reincidentes, Paco Ventura- Medina Azahara, Carlos Goñi- Revolver, Marcos - Gritando en Silencio,Miguel Costas, PonchoK , Jose Andrea - Uroboros,Cris Méndez, Balta-A Desbandada, Jere...).

Galego

Bailando as rúas

Integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk... e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical.

Galego

Cores, contos e Rock Roll

“Contos, Cores e Rock´n´Roll”chega da man de Pakolas como un espectáculo de pequeno formato onde a interacción coas nenas e nenos, a súa música acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público. Esta proposta multidisciplinar crea así unha escena na que non so se pode gozar da música, senón tamén do debuxo e as cores que a rodean. Un espectáculo para todos os sentidos.

Galego

Basanta

O Basanta Panchami, a festa coa que na tradición hindú se dá a benvida á primavera, celebrando o espertar dunha nova vida, serviu de inspiración a unha banda de seguidores das raíces do ocultismo e da obra de Aleister Crowley (mentor de músicos como Jimmy Page de Led Zeppelin) para bautizar un proxecto que busca recuperar un legado que nunca tivo gran relevancia no noso país.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Pop/rock