Pop/rock

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Vargas Blues Band & Raimundo Amador

Metade homes, metade guitarras. Dous grandes músicos por cuxas veas corre o blues, Vargas Blues Band, con Javier Vargas ao fronte, e Raimundo Amador, subirán ao escenario das festas do Cristo no Porriño, nunha velada na que o flamenco e o blues serán os protagonistas. Unha noche con moito arte e coa mellor música duns artistas que repasarán o mellor das súas traxectorias.

Os guitarristas non estarán sós, xa que estarán acompañados sobre as táboas polos músicos da Vargas Blues Band, incluídos Bobby Alexander e John Jagger e tamén polos músicos habituais de Raimundo Amador.

Galego

The Handsome Family

Cando ao dúo de New Mexico The Handsome Family lles chegou o recoñecemento masivo grazas ao tema principal da serie True Detective, Far from any Road, a parella formada polo matrimonio Brett e Rennie Sparks levaba xa nove discos de estudio ás súas costas. As súas cancións mesturan o espírito dos Apalaches, o psych-rock e as melodías inspiradas en Tin Pan Alley para evocar un mundo no que David Attenborough se atopa con David Lynch nun bar honky tonk a medianoite.

Galego

Anna Calvi

A cantante británica de culto chegará a Santiago co seu novo álbum, Hunter, que saíu á venda este agosto tras case cinco anos de silencio discográfico, cunha enerxía na que empurra os límites da súa guitarra e a súa voz aínda máis alá que nos seus traballos anteriores.

Galego

Los Planetas

O 13 de abril de 1998 Los Planetas editaron Una semana en el motor de un autobús, e o indie en España fíxose maior. Foi un estirón repentino, como o que segue a unha febre esaxerada (non é casual que o proceso de creación do álbum estivese cheo de turbulencias). Cancións como Segundo premio, La playa o La copa de Europa posuían unha densidade eléctrica e unha gravedade emocional sen parangón, enfrentando os seus autores e toda unha xeración de oíntes cunha crise amorosa e existencial entendida como unha cuestión épica. (Gerard Casau).

Galego

Burning

Comida, bebida, boa música e un lugar que é Monumento Histórico e Ben de Interese Cultural: o Pazo de Cea en Nigrán. Por aí pasará o 17 de agosto a mítica banda Burning cun invitado moi especial, Mikel Erentxun, que virá co seu formato trío. Ademais, Tony Lomba abrirá o concerto e presentará a banda co seu estilo inimitable.

Galego

Heredeiros da Crus

Heredeiros da Crus é un grupo de rock galego fundado en 1992 con Antón Axeitos (Tonhito de Poi), Antonio Novo (Tuchiño), Francisco Velo (O Jran Fran) e Javier Vázquez Maneiro (Jarfuxo). Entre 1994 e 2005 sacaron 8 discos, antes de retirarse dos escenarios. En 2012 o que fora un dos grupos insignia do Club Xabarín volve reunirse, e incluso grava un novo disco Jard Rock Con Fe (2013).

Galego

Ramón Mirabet

Ramon Mirabet volve á casa, a medio camiño entre Sant Feliu del Llobregat e Sitges, pero coa cabeza chea de gana de aventura. HappyDays (Warner Music Spain, 2013) é o seu primeiro disco, cociñado a lume lento por Marc Parrot nos estudios Grabaciones Silvestres, igual que o úlltimo disco Home Is Where The Heart Is. Ramon Mirabet ten unha historia que fala da vida, do valor, dos medos, da xente que atopas e perdes polo camiño, De todo aquilo que un/ha ansía, pase o que pase e custe o que custe.

Galego

Tina & Joe

Tina Masawi é unha das voces máis penetrantes da nova xeración musical do continente africano. A voz convértese nun xogo co seu amplo rexistro de cores e matices. Natural de Zimbabwe, en 2013 recibiu o galardón á mellor actriz de musicais de África.

Agora chega por vez primeira a Galicia canda o guitarrista español José Antonio Hernández nunha proposta de alta calidade e elegancia na que o dúo interpreta un repertorio, seleccionado cuidadosamente para a ocasión, entre clásicos retros e modernos do jazz, blues e soul.

Galego

Dr. Rocket

O grupo de clásicos da música rock Dr. Rocket, formado por Dani Dopico (batería e voz), Roberto Dopico (guitarra e voz), Jose Sanz (guitarra e voz) e Bea Bros (baixo e voz) actuará na Sala Super8.

Galego

Fur Dixon's WtFukushima

Case trinta anos despois de abandonar The Cramps, Fur Dixon volve reclamar o seu lugar no rock&roll tras pasar pola escena roots estadounidense.  Acompáñaa o batería Dusty Watson, o baixo Dave Provost e o guitarrista Bernard Yin. 

O concerto enmarcase na primeira xira por Europa do grupo. 

A entrada terá un prezo de 10 euros por anticipado e 12 no momento. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Pop/rock