Pop/rock

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Nicolás Pastoriza

Despois de publicar tres discos en solitario, Nicolás acaba de estrear PyME. Tras ano e medio compoñendo e gravando presenta dazeséis historias onde van da mán a ciencia ficción e o máis cotidián, sempre fiel aos seus referentes literarios como Ray Davies e o disco branco dos Beatles.

Galego

Greenwater

Greenwater é un grupo tributo a Creedence Clearwater Revival que repasa os grandes temas da banda californiana. Non é tarefa fácil recrear a voz e o rexistro de Jonh Fogerty, pero Greenwater conségueo nos seus directos.

Son cru e moita enerxía vocal e instrumental son as claves do show.

Galego

La Redada

La Redada son un sexteto de música tropical psicodélica desde o Distrito Federal formada polos mexicanos Carlos Icaza (Tropicaza), Julien Donk e Víctor Sánchez, os chilenos Daniel Llermaly e Fernando Caridi e o holandés Feike de Jong.

Galego

Carla Green & The Demons

Carla Green & The Demons formouse en Santiago de Compostela na primavera do 2017 coa intención de levar aos escenarios o mellor soul dos anos 60 e 70. Conta cun repertorio baseado en clásicos de artistas como Etta James, Otis Redding, Wilson Pickett... En definitiva, a época dourada de selos como Chess, Stax ou Atlantic Records.

Galego

Desconcerto na praia

Desconcerto na praia é unha xornada de concertos con algunhas das máis interesantes novas bandas galegas, nun recóndito e paridisíaco recuncho da Illa. Unha xornada chea de música, praia, natureza, e como non, estando na Illa, mexillóns, churrasco e demáis viandas estivais.

Este ano haberá un novo chiringo, unhas instalacións máis completas, a pé de praia, e unha oferta gastronómica que promete. E por suposto, non faltarán as mellores pinchadas e unha boa cacharela!

Galego

Ela e Dylan: as flores solitarias

Roger de Flor e Helga Méndez García presentan Ela e Dylan: As flores solitárias, un espetáculo poético e concerto acústico sobre letras de cancións e poemas de Bob Dylan traducidas á nosa lingua. O fío temático é a muller nas letras e na música do artista norteamericano. Durante umha hora irán sucedendo o recitado de letras e textos de Dylan mesturados coas cancións cantadas a unha ou dúas voces por Helga Méndez e Roger de Flor.

Galego

Indomable

Un one-man-band en xira constante tocando guitarra, harmónica, bombo, pandeireta e cantando en castelán. Incondicional e imperfecto dá título ao seu álbum debut, en acústico e como solista indivisible. Temas persoais, de distancias curtas, sen grandes artificios nin maquillaxe e con letras directas de alto contido histórico e nostálxico. El chámao "as cancións do sofá" porque é xustamente de onde veñen (posiblemente tamén cara onde vaian), formando parte dun sobrio traballo con multitude de influencias e forxado en viaxes con guitarras vellas.

Galego

Bakin' Blues Band

Bakin’ Blues Band comeza o seu camiño como formación de blues durante 2008 en Santiago de Compostela. Desde ese momento, iníciase unha ininterrumpida sucesión de concertos tanto nos circuítos institucionais como en salas privadas. Desde los clubes de Santiago de Compostela (Dado Dada Jazz Club, Sala Capitol, Auditorio de Galicia, Fraggle Rock etc.) ata ampliar progresivamente o seu radio de acción ao resto de salas de Galicia, Madrid, Euskadi ou Portugal.

Galego

Stef Ketteringham

Revolucionou o susbsolo británico cos Shield Your Eyes, o vehículo onde liberaba un intenso post-hardcore infestado de blues e cunhas guitarras orixinalísimas que serían o seu sinal de identidade, dando forma a unhas cancións que era difícil sacar da cabeza.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Pop/rock