Adam Bomb
O noso país é unha debilidade para este rockeiro curtido en mil batallas. Adam Bomb volve para descargar toda a súa enerxía sobre o escenario. O guitarrista e cantante norteamericano é incansable.
Adam Bomb é sinónimo de espectáculo. Este músico nacido en Seattle e afincado en Nova York leva o rock no sangue, dentro e fóra do escenario. Un estilo de vida levado ata as últimas consecuencias.

