Pop/rock

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Wondercovers

Wondercovers formouse no verán do 2011 co fin de homenaxear aos grupos pioneiros dos 70's, 80's e 90's desde un punto de vista respectuoso e persoal.
O grupo ofrece un concerto dinámico e entretido, entregando ao público a enerxía que o propio xénero esixe, xogando cun cancioneiro variado e recoñecible para captar a atención e persuadir ao oínte. 

O grupo está formado por Adolfo FH, Guillermo Gagliardi, Fabián "HURRICANE" Vicente e Manuel Rodríguez Bragado.

Galego

Agoraphobia

Agoraphobia é unha banda de rock orixinaria de Boiro. Nacen ao redor do ano 2006, como un cuarteto de amigas de instituto que compartían o gusto pola música punk e as ganas de facer as súas propias cancións. 

Cedo, as súas inquietudes plasmáronse nunha maqueta autoproducida chamada "Mentir e Gobernar", ao máis puro estilo punk. Co paso do tempo a banda foi cambiado de integrantes ata chegar á formación actual: Susana (voz e percusión), Aislinn (guitarra), Sabela (guitarra), Lucía (baixo) e Paula (batería). E tamén foi evolucionando en xénero musical ata achegarse ao Garage Rock.

Galego

Frik&Paldis

Diego Frikipaldi é o resultado do primeiro disco en solitario de Diego Piñeiro, onde esta vez é o quen interpreta as súas cancións.
 En decembro saca o seu primeiro disco titulado: Preparado para malvivir felizmente do rock co seu  primeiro videoclip Música de Caravana
 Nos directos en solitario ou en trio combina as súas cancións con versións das súas influencias como son La Guardia, Los Secretos e La Unión.

Galego

Fernando Tato

Fernando Tato toca e canta as canción do seu disco El animal en mi acompañado por un músico multiinstrumentista que alterna guitarra acústica, elétrica, trompeta, caixón, percusión, e baixo.

Unha maneira distinta, mais íntima e espida, de desfrutar das súas cancións.

Galego

Concerto de Hamlet

Para que un grupo deixe de ser un máis e manteña atentos a todos os seus seguidores en cada novo lanzamento, a clave é a súa autoexigencia, estar sempre ao máximo nivel e sobre todo sorprender en cada novo lanzamento. Para Hamlet esta é a constante que lles permitiu estar tantos anos na cabeza do Rock e do Metal en España. A madurez creativa de HAMLET volve deixar atónitos a propios e estraños en "Pura Vida". Unha nova volta de porca que ratifica o seu absoluto dominio da actual linguaxe do Metal en todos os seus estilos e formas.

Galego

A Gramola Gominola en concerto

Músicos: Paco Cerdeira (guitarra), Anxelo de Xermar (baixo), Paula Romero (voz) e Rodrigo Muñoz (batería)

A Gramola Gominola é un grupo de música rock para o público familiar, que presenta o novo libro/CD editado por Galaxia, na súa colección Sonárbore a partir de abril do 2017.

No novo disco o grupo segue apostando polo rock e posiciónase como o grupo de rock en galego para público infantil e familiar. Grandes temas que, a partir de agora, poderedes escoitar nas voces dos vosos fillos, como xa fieran cona "A fábrica de Carmela", "Pita récords" e moitos máis.

Galego

Concerto de The Go! Freaks

Son un enérxico combo de 60's soulfunk & rhythm'n'blues que cristaliza as influencias e devocións compartidas: o rhythm'n'blues como orixe, o soul de Nova Orleans, as producións de James Brown para "King", o afrobeat centroafricano, ou o soul máis acedo...

A actual formación en directo é: Amadeo III (voz e percusión), David Carballos (batería), Titín Felpudo (baixo), Jordi Soriano (guitarra), Javi Pardos (trombón), Francisco Hickowski (trompeta) e Richard Martínez (saxo). 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Pop/rock