Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Letriska Inmobile

Un personaxe eléctrico e bastante tolo capaz de malabares incribles, de memorizar centos de nomes, de darlles novos usos a obxectos cotiáns, de pelexar co público ou converter a un neno nun grande artista de circo. Habilidade, perspicacia, velocidade mental e sobre todo tolería, moita tolería.

Isla Le Triska presenta este delirante espectáculo no cal combina disciplinas de novo circo, malabares, pallaso, equilibrios, etc, xunto a excentricidades e xogos co público.

Galego

asSircópatas

AsSircópatas Sirco leva na rúa desde 2003, atopando na rúa e no circo o espazo e a ferramenta para compartir algo que non quere quedar dentro. Ese algo é a súa forma particular de ver o mundo, o humor, a vida, os conflitos, as solucións... Sempre coa intención de facelo dun modo libre, real, absurdo, intelixente, estúpido, reflexivo e novo. 

Así, transformando rúas en teatros e teatros en rúas, e usando os elementos do circo en clave teatral, vai desenrolando o seu “sirco”.

Galego

Ciclo de Teatro de Outono

O Ciclo de Teatro de Outono leva á Casa da Cultura de Camporrapado de Boqueixón obras para todo tipo de públicos, adultos e infantís, tanto de grupos profesionais como de afeccionados. 

 

Programación

12 de novembro, 18 horas: A nena que quería navegar, por Redrum Teatro

26 de novembro, 18 horas: O blues de Haroldo Barrenillo, por Charamela teatro e coa colaboración do clube de maiores de Boqueixón

3 de decembro, 18 horas: Frankestein, por Badius

10 de decembro, 18 horas: Cocido Express, por Os tres tenedores

Galego

Circo Galtük

A compañía ofrecerá un espectáculo para toda a familia cheo de trapecistas e clowns que crearán un ambiente máxico cheo de luz e cor.

A protagonista é unha nena que ten que saír na procura dos seus xoguetes perdidos e que durante esa viaxe vivirá moitas aventuras.

Galego

Dous pallasos en máis apuros

Fran Rei e Pedro Brandariz, ou, o que é o mesmo, Os Sete Magníficos Máis Un, actúan co seu espectáculo Dous pallasos en máis apuros no Novo Mesoiro, na Coruña. O que ía ser un exercicio acrobático propio dos mellores artistas circenses convértese nunha sucesión de desastres, desencontros e accidentes. 

Un espectáculo de circo e clown para nenos cunha duración de 60 minutos. 

Galego

Outono

Outono é unha homenaxe aos pallasos clásicos, contada a través dunha compañía de clowns en plena crise. Un espello no que se miran os artistas e as súas personaxes, unha carpa caída onde se suceden as estacións. 

Así, é un espectáculo de teatro-circo con música en directo, que nos conta a viaxe nostálxica de catro artistas ao seu pasado, unha celebración da amizade e dos fracasos, unha reivindicación de ser idiotas, unha mirada poética ao antigo oficio dos pallasos.

Unha obra de Pistacatro

A partir de 5 anos. 

 

Galego

Peor imposible

Humor retranqueiro, números participativos, equilibrios con nove paraugas, un impactante circuíto da morte e un evocador final cun arriscado equilibrio son algúns dos fíos dos que está feito Peor Imposible, unha proposta clown nacida en Galicia e punteira a nivel internacional.

Galego

Festa das Utopías

A Festa das Utopías, que tivo que ser suspendida o pasado 18 de agosto, chega agora cun programa igualmente atractivo. Ás 17 horas, Peter Punk inaugurará a xornada con  A Chungatrona e a partir das 18 horas haberá dúas horas de xogos populares a cargo de Dinamo. Ás 20 horas empezará a Gala de Circo, con Sue Moreno, o Mago Teto e Peter Punk. As 21 horas chegará o prato forte: unha performance de Leo Bassi.

Galego

Festiclown 2017

O Festiclown 2017 chega a Vilagarcía de Arousa en agosto, do día 10 ao 15.

Esta vai ser a edición máis internacional dos últimos anos, con compañías de Colombia, Brasil ou Bélxica.

Esta programación pode variar. Comprobar datas e horarios concretos nos espazos de programación.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo