Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Welcome

Espectáculo de novo circo con recursos como o mastro, a acrobacia, a manipulación de obxectos, o teatro fisico e a danza contemporánea.

Actividade dentro da programación Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.

Galego

Las Expertas

Las Expertas é un espectáculo de mulleres de circo con catro mozas que se enfrontan a unha proba eliminatoria para accederen a un posto de traballo. Pero a oferta non é o que parece e terán que demostrar coa súa forza, sensibilidade, concentración, humor e descaro a maneira de se enfrontaren aos retos da vida.

Actividade do programa de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.

Galego

O meu avó é mago

Neste novo espectáculo, a pallasa Mandarina recibe clases do seu avó, o grande ilusionista e prestidixitador Evaristo Poncio.

Na sala de ensaios está todo preparado, só falta que chegue el. Mentres agarda, a curiosa Mandarina aproveita para atusmar nos obxectos máxicos do avó e facerlles maxia aos pequenos voluntarios do público. Ademais de aprender a facer maxia, Mandarina terá que aprender que o avó non vai vir máis.

Galego

Rastafarudi

Dende música ao vivo até malabarismo, pasando por coreografías en tutú e un streaptease a base de gargalladas. E no medio e medio, Rudi Dudi. O clown –belga, mais universal– crea un espectáculo xurdido da maxia e da forza que veñen do máis fondo, directamente do corazón.

Durante os corenta e cinco minutos que dura a montaxe, o artista interactúa co público, enfróntase así a un guión aínda en branco que irá escribindo coa axuda e mais os sorrisos dos espectadores.

Galego

Picadillo circus

O espectáculo está enfocado para público familiar, cheo de ritmo, música e humor. As distintas disciplinas que se inclúen dentro do espectáculo son: zancudo, clown, mimo, maxia animada, monicreques, teatro na rúa, música ao vivo,...

Esta actuación forma parte de Cultura no Camiño, que leva música, teatro, novo circo e danza por concellos onde discorren as rutas xacobeas.

 

 

Galego

Pistactiva: combinado de circo galego

O elenco de compañías e artistas que forma parte do Pistactiva é o mais destacado do Novo Circo Galego: como é o caso de Circo Expreso, Os Sete Magníficos máis Un, Roi Sixto, Trasno, Fredi ou Peter Punk, entre outros.
O espectáculo PISTACTIVA está formado por un espectáculo dobre para todos os públicos, de 90 minutos de duración, que engloba un pase de clown - malabares e outro de novo circo (acrobacias e/ou aéreos) a cargo de dúas das compañías que figuran no elenco.

 

 

Galego

Gran gala de Circo: Ruactiva

Ruactiva é un novidoso e aberto formato de Gala de Circo e Humor donde están presentes as mellores compañías do momento.

A Gala de Circo consta de varios elementos:
- Banda de Música ao Vivo.
- Compañía de Acrobacias aéreas: trapecio, corda, telas ...
- Compañía de clown ou maxia.
- Compañía de teatro de rúa e humor.
- Presentador/a

En resumo, hora e media de circo, maxia, malabares, música e moito humor cunha escolma das mellores compañías do teatro e circo galegos.
 

Galego

Trasno

Pablo Trasno é un dos maiores referentes do Novo Circo Galego e un dos seus artistas máis completos e aclamados. Con máis de mil funcións nas súas costas e experiencias en escenarios de España, Portugal, Reino Unido, India, Rusia, Cuba, Arxentina, Francia, Bélxica e Brasil.

Show de rúa para o programa Cultura no Camiño.

Galego

Mánicus

Espectáculo sobre o amor, ese curioso

sentimento ou obsesión que nos afecta a

todos, sobre todo ao noso protagonista. Os

paxaros cantan, as flores espertan, o sol luce

radiante... e Manicus fracasa.

Amor e odio, xenio e estupidez nuha mesma

persoa..Malabares cos recordos, baile de

suspiros, paixón descontrolada e poesía da

vida .A través da manipulación de obxectos,

do pallaso é do circo viviremos unha hora de

diversión asegurada para tódolos gustos e

públicos.

Galego

Guilermo Solo

“Guillermo Solo” está a piques de chegar a cima da súa vida profesional. En primicia mundial vai presentar o seu ecléctico espectáculo de malabares e clown no famoso Hotel Bellagio en Las Vegas, pero o destino desbarata a esperada estrea. A crise faise notar no Bellagio, que ten que facer recortes.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo