Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Lila star

Lila start é unha artista branca con alma de negra, criada no seo dunha familia de acróbatas de circo clásico, apaixoada da purpurina e obsesiva pola cor morada; que se confesa adicta ás berenxenas e que forma parte do club de fans de Deep Purple, Violeta Parra e, case case, de Pink Floyd.

 Equilibrios imposibles sobre obxectos neste espectáculo para Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.

Espectáculo de Beatriz Rubio distribuído por Pistacatro Produtora de Soños
 

Galego

Amigooo!!!!

 Amigoo é un fragmento nas vidas dun home e unha muller. Un circo entre dous.

Pedacitos de intimidade nunha travesia gestual e musical cara ao máis profundo e sincero de cada un.

Xuntos tecen un mundo irreal de poesia e complicidade nun cego intento de romper co mito da soidade como condición humana neste mundo.

Galego

As aventuras de Lila e Lolo

Un espectáculo interactivo onde os nenos/as, e os que non son tanto disfrutarán das divertidas aventuras e desventuras destes dous pallasos, nunha constante sucesión de gags cómicos cheos de tenrura e absurda realidade.
Os xogos, as torpezas e o inocente inxenio de Lila e Lolo, farán que a risa e a sorpresa sexan un referente no desenvolvemento do show. Un espectáculo onde a participación do público é unha parte fundamental da función.
 

Galego

As aventuras de Lila e Lolo

Un espectáculo interactivo onde os nenos/as, e os que non son tanto disfrutarán das divertidas aventuras e desventuras destes dous pallasos, nunha constante sucesión de gags cómicos cheos de tenrura e absurda realidade.
Os xogos, as torpezas e o inocente inxenio de Lila e Lolo, farán que a risa e a sorpresa sexan un referente no desenvolvemento do show. Un espectáculo onde a participación do público é unha parte fundamental da función.
 

Galego

Circo lixo

Circo e humor como soporte fundamental dun espectáculo que tamén incorpora o clown e a música.

Malabares fabricados a partir dos refugallos, vasoiras que cobran vida e botellas que se transforman nun instrumento musical.

Todo a partir do lixo, unha das maiores aportacións do ser humano á natureza. Menos mal que existe este varredor tan especial que transforma todo isto nunha forma de vivir, sentir e actuar: Reducir, Reutilizar, Reciclar e Renovar son as súas máximas.

Galego

Le triska inmóbile

Delirante espectáculo no que se combinan disciplinas de novo circo (malabares, pallaso, equilibrios...) con excentricidades e xogos co público.

Un personaxe eléctrico e bastante tolo sorprende a todos realizando proezas como: malabares incribles, memorizar centos de nomes, darlles novos usos a obxectos cotiáns, pelexar co público ou transformar a un neno nun grande artista de circo.

Habilidade, perspicacia, velocidade mental e sobre todo moita risa.

Pequenos e grandes sacarán, neste espectáculo de Cultura no Camiño, ao tolo que levan dentro.

Galego

Circanelo

Autor: Alfredo Pérez Muíño

O teatro xestualdanza, acrobacia, malabares e outras disciplinas circenses mestúransepara crear una historia absurda, tola, sobre un artista coa intención de presentar o seu número a toda costa; e demostrarlle ao seu amado público do que é capaz. No intento, este personaxe encontrarase cun montón de trabas que solucionará dunha forma un tanto particular, axudado, en ocasións, pola participación do público e dentro dun marcado rexistro clownesco.

Obra gañadora do Festival Internacional de Clown (Festiclown 2006)

 

Galego

Our of Blú

A protagonista colga a colada na praza pública de cada vila que visita e coa súa lavadora portátil crea confusión na tranquila vida dos habitantes. 

Este show baséase sobre unha innovadora forma de espectáculo de rúa, onde a manipulación de obxectos, clown e malabares son as bases para a comunicación narrativa.

Os espectadoares están directamente implicados en todo o espectáculo

 

Interpréte: Francesca Martó

Galego

Velocíclopes

Velocíclopes é un espectáculo conformado por varios sketchs, O propietario, ser ou non ser e os bos modais, onde a través da utilización dunha linguaxe plástica surrealista amósase o absurdo do comportamento humano en situacións propias da vida cotiá (a furia que aparece cando nos poñemos ao volante, o sentido da propiedade, a importancia de aparentar socialmente,...).

 

 

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo