Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Welcome

Que pasa cando dúas amigas non se ven dende fai tempo? Que se traen entre elas?

Intencións e emocións ocultas expostas á mirada da xente que pasa ao redor desta casa sen paredes

Risas, mimos, líos e anécdotas pasan neste piso moderno de 12 metros cadrados ... 

Moita, moita historia é a que teñen entremáns elas dúas. Compartindo a súa intimidade co público achegado. 

Elementos: Mástil chinés, acrobacia, manipulación de obxectos dende o prisma do teatro físico e a danza contemporánea.

Compañia Duelirium. Formada por Raquel Oitavén e Mercé Solé.

 

Galego

Un belo día

Un belo día é un proxecto de vida construído por Doce Duca e Iris. Vida en forma de espectáculo. Doce Duca incorpora o malabar, a manipulación e os equilibrios de mazas cunha linguaxe corporal única e impactante, transmitindo emocións nunha peza que integra e intriga ao público de todas as idades.

Un belo día nace das entrañas e conecta co espectador de maneira primordial, pura e simple. Tras tres anos de traballo chegou o momento de liberalo nas rúas, os teatros, as prazas públicas, as salas e os xardíns. 

Galego

Bambolina

Un espectáculo interactivo onde os nenos/as e os que non son tanto disfrutarán das divertidas aventuras e desventuras destes dous pallasos, nunha constante sucesión de gags cómicos cheos de tenrura e absurda realidade.

Os xogos, as torpezas e o inocente inxenio de Lela e Lolo farán que a risa e a sorpresa sexan un referente no desenvolvemento do show. Un espectáculo onde a participación do público é unha parte fundamental da función.

Galego

Oh Olimpiadas!

Que pasaría se a nosa vida fose sincronizada como o Tour de Francia ou como os saltos sincronizados? E se nos comportásemos como certos deportistas na nosa rutina diaria? Este espectáculo baséase no cotián da vida retransmitida como un deporte en directo para crear un mundo rexido polo absurdo, onde o xesto deportivo e o mundo real son mesturados nunha quimera de disparate continuo. Estas situacións cobran vida grazas á combinación de técnicas como a danza e os portes acrobáticos.

Galego

Mr. Lupo

Como sería a vida se fose eterna? É a morte o motor que nos fai vivir? 

Se queredes saber a resposta a estas preguntas, o sentimos, Mr. Lupo non as ten, pero o que si ten é unha habilidade indiscutible para vivir a vida en cada intre. Durante os 50 minutos que dura o espectáculo Mr. Lupo poñerá a súa vida no fío do abismo, lanzando obxectos afiados, facendo equilibrios imposibles, domando un elefante ou facendo saltos mortais polo aire.

Galego

Espera

Espera é un espectáculo de circo participativo onde o público é convidado, dun xeito moi sensible e sutil, a vivir de cerca as acrobacias que ocorren na escena. 

Cando o límite entre escenario e público desaparece, o espectáculo convértese nunha ocasión para compartir experiencia colectiva, onde nos miramos á cara con descoñecidos e escoitámonos cos corpos.

Galego

Contiguo

Contiguo nace de poñer un ser humano xunto ao outro. É o lugar onde un acaba e outro comeza. Contiguo é a poesía do corpo e os propios límites. O risco de darse a coñecer e sobrepasar o medo a perderte en alguén. Reinventarse unha e outra vez a través dos demais. O destino únenos, a historia escribímola nós.

Galego

A vida tola de Pajarito

O peculiar universo desta muller-nena que anda solta polas rúas, fai de cada praza un novo xogo cada día. Xunto con todo o que a rodea, sucédense momentos de risas inesquecibles a través da súa interacción co público e cos transeúntes que paran a ver as tolerías que lles ofrece esta gran pallasa.

Pajarito é a número un, a número dous e tamén ... é patrimonio da humanidade, a oitava marabilla do mundo. 

Galego

Globotolo

O pallaso Lolo fará as delicias dos máis pequenos e sorprenderá aos máis grandes, facendo figuras imposibles con globos e gags divertidos.

Un espectáculo dende unha perspectiva cómica e interactiva onde o público se sinte parte integrante.

Divertidísimo para toda a familia, cunha posta en escena onde a ilusión do clown é misturada cun cóctel de risas e gargalladas.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo