Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Montagem

Elenco: Jesús Graña e Daniel Blanco

A montaxe dunha montaxe.

Un xeito creativo de enfrontarse á incomunicación.

Unha traxicomedia na que non é doado distinguir onde remata o teatro para dar paso ao sirco, unha historia contada sen palabras, na que dous extremos terán que  achegarse e sumarse, para exprimir as súas habilidades, malabarismos e comicidade ata a última gota.

Galego

El apartamento

A compañía Cirk About It presenta o espectáculo El apartamento.

Sinopse: Cando o circo é o protagonista no salón de calquera fogar, todo pode escapar da normalidade e converterse en excepcional. Cirk About It presenta unha situación cotiá como pode ser a convivencia nun apartamento para explicar como a rutina pode romper con facilidade, simplemente engadindo unhas pingas do mellor circo. 

Baixo a dirección de Alfonso Alonso, o espectáculo conta coa participación de Laura Barba Ruiz, David Tornadijo Arce e Miguel Molinero García.

Galego

Concerto singular

Que acontece cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado.

Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.

Galego

Concerto magnífico

Os Sete Magníficos máis Un presentan Concerto magnífico, unha revisión clown e desafinada do serio mundo da música culta, un espectáculo en rigoroso play-back, no que a nosa parella protagonista se converte nun dúo de refinados músicos de cámara que, a través de diversas situacións disparatadas, lle darán a volta ao sempre formal e elevado universo da música clásica. Improvisación, risco, a sinceridade do pallaso, a humildade do comediante e, sobre todo, dignidade clown para saír das situacións máis complicadas.

Galego

BB Circus

Elenco:

Sérxio Crespo Gómez, Joao Alvim e Araujo, Miriam Crespo Gómez

Asacocirco chega cunha proposta diferente no panorama dos espectáculos dirixidos ao público infantil. Unha aposta teatral baseada nas artes circenses e presentada con agarimo aos máis pequenos. Moitos estímulos, unha linguaxe simple, outro sentido do ritmo e tempo con música ao vivo e moitas sorpresas.

Galego

Erori

Accións sinxelas e cotiás que derivan en acrobacias mediante golpes e caídas, contrastan con coreografías visuais de danza e malabar. O absurdo, o sinxelo e o universal está presente nas disparatadas rutinas de circo. Unha dramaturxia non lineal que cada espectador vivirá dunha forma única.

Elenco: Ariñe Arkue, Óscar Páez, Santiago Montero e Alejandro Costas

Galego

Gran Gala de Circo de Nadal

Como gran colofón a esta quincena da Cidade da Cultura dedicada ao circo temos haberá unha despedida por todo o alto. Unha gran gala do Circo que se trata, á vez, dunha acción solidaria coa Asociación Iniciativa Social Berce.

Neste maxestuoso compendio de espectáculos veredes a grandes artistas do novo circo galego desenvolver o seu potencial creativo na mellor tradición dos espectáculos de variedades, onde se mesturarán malabares, cancións, humor, monólogos e acrobacias, aéreos e... o máis difícil aínda!

Galego

Ludo Circus Show

O espírito do xogo feito espectáculo. Sete personaxes trangalleiros asómanse ao escenario con ganas de xogar, aparecen gañadores e perdedores, golpes voluntarios e involuntarios, sintonía e desencanto, diversión, traballo en equipo e individualismo.

En Ludo Circus Show pequenos e grandes recoñecerédesvos en moitas situacións vividas: porque nalgún momento, nalgún lugar, todos temos xogado.

Galego

Lila Star

Lila Star é unha artista branca con alma de negra, criada no seo dunha familia de acróbatas de circo clásico, apaixonada da purpurina e obsesionada coa cor morada; que se confesa adicta ás berenxenas e que forma parte do clube de fans de Deep Purple, Violeta Parra e, case case, de Pink Floyd.

 Espectáculo de Beatriz Rubio distribuído por Pistacatro Produtora de Soños
 

Galego

Um belo día

Um  belo día é un proxecto de vida construído por Doce Duca e Iris. Vida en forma de espectáculo. Doce Duca incorpora o malabar, a manipulación e os equilibrios de mazas cunha linguaxe corporal única e impactante, transmitindo emocións nunha peza que integra e intriga ao público de todas as idades.

Um belo día nace das entrañas e conecta co espectador de maneira primordial, pura e simple.

Tras tres anos de traballo chegou o momento de liberalo nas rúas, os teatros, as prazas públicas, as salas e os xardíns.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo