Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Outono

Con motivo dos dez anos do nacemento de Pistacatro, a emblemática compañía de Novo Circo Galego dá o seu mortal máis arriscado: Outono, un novo espectáculo no que reúne a parte dos seus fundadores para celebrar o máis difícil aínda: facerse maior.

Galego

Peter Punk e o neno imperdible

Que lle acontece a un pallaso cando o seu ego supera o seu propio nariz? Que pasa cando un pallaso se fai preguntas e se responde a si mesmo no medio das súas rutinas? Que lle ocorre a un pallaso cando se decata de que está neste mundo para algo máis que se erguer todos os días? Asústase..., e volve ser un pallaso.

Un tendedeiro en equilibrio, seis instrumentos interpretados ao vivo: guitarra eléctica, guitarra portuguesa, acordeón, entre outros, e ata Peter punk se atreve coa armónica!

Galego

Outono

Con motivo dos dez anos do nacemento de Pistacatro, a emblemática compañía de Novo Circo Galego dá o seu mortal máis arriscado: Outono, un novo espectáculo no que reúne a parte dos seus fundadores para celebrar o máis difícil aínda: facerse maior.

Galego

El apartamento

Elenco: Laura Barba, David Tornadijo e Miguel Molinero

Cando o circo é protagonista no salón de calquera fogar, todo pode escapar da normalidade e converterse en excepcional.

Circk About It presenta unha situación cotiá como pode ser a convivencia nun apartamento para explicar como a rutina pode romper con facilidade, simplemente engandindo unhas pingas do mellor circo.

Espectáculo fundamentado principalmente nos equilibrios e saltos acrobáticos, con pinceladas de humor, mostra un traballo corporal moi visual que atraerá a todos os públicos.

Galego

Clowntamination

Rudi Dudi, no seu personaxe do home máis forte do mundo, ás veces tenro e inseguro e outras romántico e atrevido, intenta romper os moldes, xogando co absurdo.

Coa súa arte sedutora consegue atrapar a un público sen límite de idade, invitándoo a participar e axudar no imposible, logrando que o espectador perda a noción do tempo e gañe un sorriso.

Un espectáculo dinámico e interactivo dentro da programación de Cultura no Camiño.

Galego

Up 2 Down

Dúas bailarinas e dous cables de funambulismo dirixidas por un paiaso. 

Up2Down é un espectáculo de danza-circo contemporáneo no que o humor e a danza interactúan cunha disciplina circense nova en Galicia, o funambulismo, creando un universo singular.

Galego

Peter Punk Pallaso

Chungo Ke te Kagas é  o primeiro espectáculo no que Peter Punk comeza a súa andaina como pallaso. E no que se perfila a súa personalidade divertida e irreverente, que fará as delicias d@s cativ@s e tamén dos maiores, creando un universo propio.
 
Mostrará a súa destreza (ou non) con elementos que van aparecendo da súa maleta: pelotas, un prato chinés, fachos de lume e o clásico tartazo reinventado ao máis puro estilo deste irreverente pallaso internacional.

Galego

Trasno

Pablo Trasno é un dos maiores referentes do Novo Circo Galego e un dos seus artistas máis completos e aclamados. Con máis de mil funcións nas súas costas e experiencias en escenarios de España, Portugal, Reino Unido, India, Rusia, Cuba, Arxentina, Francia, Bélxica e Brasil.

Show de rúa para o programa Cultura no Camiño.

Galego

O meu avó é mago

Neste novo espectáculo, a pallasa Mandarina recibe clases do seu avó, o grande ilusionista e prestidixitador Evaristo Poncio.

Na sala de ensaios está todo preparado, só falta que chegue el. Mentres agarda, a curiosa Mandarina aproveita para atusmar nos obxectos máxicos do avó e facerlles maxia aos pequenos voluntarios do público. Ademais de aprender a facer maxia, Mandarina terá que aprender que o avó non vai vir máis.

Galego

Cabarés Pistacatro

Os Cabarés de PistaCatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué. Ofrécese así ó público un espectáculo multidisciplinar e variado a cargo dun determinado número de artistas que dan o mellor de si mesmos en pequenas pezas de cinco ou dez minutos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo