Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Máis alto aínda

Desastronauts chega cun incrible espectáculo de acrobacias aéreas que inclúe técnicas de trapecio en voo, unha especialidade tan espectacular, como arriscada e pouco habitual.

Unha muller forte, intelixente, atractiva e divertida topa cun home... Estúpido. El ha facer o que sexa para estar con ela, e ela fará todo o posible por escapar. Ela é dona de si mesma, el é infantil. Veremos como a súa loita frenética vaise intensificando a medida que atopan un trapecio de balanceo, cordas aéreas e un hula-hoop de lume.

Galego

Maquinando

Situacións irrepetibles, comedia instantánea, creación en directo. Os actores crean historias a partir das propostas do público e resólvenas a un ritmo vertixinoso e hilarante. Cada función é diferente, pero o resultado é sempre o mesmo: non poedrás parar de reir.

Galego

Móbil

Mestura de fraxilidade, desequilibrio e tensión, esta é a historia dun home sinxelo que vén mostrar e compartir o seu último gran enxeño. Unha máquina complexa realizada nun 90% con materiais reciclados, chea de diferentes mecanismos que reaccionan en cadea e que xeran diferentes sons e ritmos que crean un ambiente de expectación entre o público, ademais de múltiples e diversas situacións en escena. O interese polo ritmo, os malabares e o movemento, é a base e punto de partida deste traballo.

Galego

Expertas

Non faltan equilibrios, acrobacias aéreas, malabares, maxia, danza e mesmo o humor.

Catro mulleres actrices e que dominan á perfección as técnicas do circo son as protagonistas de 'Expertas'. O que ofrecen sobre o escenario é un espectáculo con moita forza, humor e emoción que vos deixará abraiados coa súa sorprendente execución de técnicas de circo como o equilibrio, os elementos de acrobacia aérea, os malabares, os aros, a maxia, a danza...

Galego

Contiguo

"Contiguo" é un espectáculo sensitivo, poético e dinámico para todos os públicos que investiga na linguaxe espacial e corporal. Álvaro Pérez Hidalgo e  Álvaro Reboredo Ortega interpretan esta peza que se presenta como unha investigación da linguaxe espacial e corporal que crea un universo único de expresión, resultado da búsqueda do circo como linguaxe en si mesma. 

Galego

Un belo día

Un Belo Dia é un proxecto de vida construído por Dulce Duca e Iris Ziordia. Vida en forma de espectáculo.

Dulce Duca incorpora o malabar, a manipulación e os equilibrios de mazas nunha linguaxe corporal única e impactante, transmitindo emocións nunha peza que integra e intriga ao público de todas as idades.

Galego

Up 2 Down

Up 2 Down é un espectáculo de danza-circo, xesto e poesía visual. Unha historia composta por dúas bailarinas, dous cables de funambulismo, dirixidas por un pallaso.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos da Rede galega de teatros e auditorios onde se representa.

 

Galego

Impreuna

Autoría colectiva

Dirección: Pablo Reboleiro

Elenco: Raquel Oitaven,  Pablo Reboleiro " Trasno", Antonio Delgado " Antuan", Ariñe Azkue, Alfredo Pérez " Fredi" e Óscar Páez.

Ambientado na época actual, împreună, é un espectáculo mergullado integramente nos códigos artísticos do circo (malabares, aéreos, acrobacias e clown), todo isto, sen renunciar á fusion sen complexos con outras artes vivas como a danza, o teatro físico e a comedia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo