Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Up 2 Down

Up 2 Down, é un espectáculo de danza-circo, xesto e poesía visual.
Unha historia composta por dúas bailarinas, dous cables de funambulismo, dirixidas por un pallaso.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

Galego

Circo de Nadal

O Circo de Nadal de La Fiesta Escénica é un espectáculo único no mundo polo seu concepto e os seus personaxes animatrónicos, así como pola súa coidada estética, en liña cos shows de gran formato.
Neste 2015, no que se celebra o vinte aniversario da compañía, reunen nun novo espectáculo do Circo do Nadal, máxico e sorprendente, os mellores momentos destes anos e aos seus protagonistas. Toda a maxia do circo, artistas, ximnastas e unha excelente selección musical para toda a familia.

Galego

Móbil

Mestura de fraxilidade, desequilibrio e tensión, esta é a historia dun home sinxelo que vén a amosar e compartir o seu último gran enxeño. Unha máquina complexa realizada nun 90% con materiais reciclados. Enche de diferentes mecanismos que reaccionan en cadea e que xeran diferentes sons e ritmos que crean un ambiente de expectación entre o público, ademais de múltiples e diversas situacións en escena. O interese polo ritmo, os malabares e o momento é a base e punto de partida deste traballo.

Galego

Varekai

No profundo do bosque, na cima dun volcán, hai un mundo extraordinario, un mundo no que todo é posible. Un mundo chamado Varekai.

Un mozo solitario cae do ceo e comeza a historia de Varekai. Tras lanzarse en paracaídas, cae na escuridade dun bosque máxico, un universo caleidoscópico habitado por criaturas fantásticas, onde comeza unha extraordinaria e ilóxica aventura. Este día, neste lugar de posibilidades, comeza o encanto dunha nova vida.

Galego

Laboratorio máxico

Neste espectáculo no que se mesturan a maxia, o clown e os monicreques Mandarina fará que grandes e pequenos sorpréndanse e rían con xogos de maxia cómica e a aparición da súa malhumorado paxaro, Rigoberto.

Mandarina é un personaxe moi potente que une a ironía e a intelixencia do mago co descoido, a inocencia e o amor polo público do pallaso nun coctel realmente explosivo.

Actividade de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.

Galego

Potted

O proxecto Potted parte da premisa da innovación artística. Os catro membros da compañia, únense co interese de crear un espectáculo único e orixinal, baseado na investigación do espazo, os obxectos, as estruturas e o ritmo.
A intención é poñer en crise o sentido do obxecto, para chegar á súa esencia, por medio das disciplinas circenses, creando unha comunicación directa co espectador, cargada de gran impacto visual.

 

Galego

Nono

"Nono", un inocente clown que fará viaxar ao público polo seu mundo de fantasía, un mundo no que tentará mostrar os seus mellores trucos de malabares aínda que os problemas aparezan en cada esquina, aínda que ao final, sempre se acaban resolvendo con moito humor. 
Podendo gozar de increibles malabares, unha pelexa encarnizada cun mosquito, a aparicion do seu inseparable amigo o mono, un combate de boxeo, e moito máis.
Todo isto, nunha combinación de mimo, malabares, manipulacion de marionetas, clown e un mundo sen palabras.

Galego

DES-Hábitat

DES-Hábitat fálanos do encontro de catro sobreviventes, catro persoas que buscan un lugar onde sentirse na casa. Un traballo sobre o sentido de supervivencia, en harmonía coa necesidade de atopar o propio lugar vital. Des-Hábitat é un espectáculo xestual, de coreografías circenses, de fusión de linguaxes desde a acrobacia, a danza, chiscadelas ao flamenco..., ás raíces. En definitiva unha historia contada desde o movemento.

Galego

Encontros

Encontros é un espectáculo multidisciplinar, onde o teatro físico, a danza e o novo circo se conxugan para crear un código propio de expresión, un punto de partida para comunicar, para contar ó público as inquedanzas que nos invaden. A comedia e o virtuosismo forman parte desta montaxe ecléctica onde dúas persoas se recoñecen despois dunha tempada sen verse, tómanse de novo as medidas, tócanse, úlense, séntense, e comezan de novo o seu camiñar, xuntos.

Galego

CAIR

CAIR é un espectáculo de circo e acrobacias onde accións sinxelas e cotiás derivan en coreografías acrobáticas, excéntricas, con continuos golpes e caídas caóticas que contrastan con coreografías visuais de danza e malabar.

A emoción e o risco súmanse ao humor. O absurdo, o sinxelo e o universal están presentes nas disparatadas rutinas de circo.

Catro personaxes aparecen en escena, non falan, están á espera, sorpréndense cando ven, pero coñécense de toda a vida.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo