Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Forzu2

O humor e o absurdo son os fíos cos que se forma a trama dun espectáculo de dous atletas, dous cómplices que se compenetran realizando trucos imposibles diante do público. Risco, desastre, sorpresa e surrealismo son palabras que poden aparecer en calquera momento, mais estes dous artistas saben saír co seu talento de calquera situación adversa.

Coa presenza constante da técnica en forma de portés, acrobacias aéreas, malabares imposibles e lume. Sempre en formato de clown, agochados baixo a aparencia de superacróbatas, de grandes magos ou de malabaristas matematicamente perfectos.

Galego

Le Triska Inmóbile

Isla Le triska presenta este delirante espectáculo no que combina disciplinas de novo circo (malabares, pallaso, equilibrios...) con excentricidades e xogos co público.

Un personaxe eléctrico e bastante tolo sorprende a todos realizando proezas como: malabares incribles, memorizar centos de nomes, darlles novos usos a obxectos cotiáns, pelexar co público ou transformar a un neno nun grande artista de circo.

Galego

Desperta!

Desperta! é un espectáculo de novo circo que afonda na identidade individual, no que nos iguala e no que nos diferencia.

As habilidades circenses, a música en directo e a comicidade van da man en Desperta!, onde a técnica se pon ó servizo das emocións, e onde a poética das imaxes fan viaxar aos espectadores por un mundo imaxinario e moi real. Trátase dun espectáculo de humor onde rir á esgalla pero que, ao tempo, lles faga pensar ao público sobre a cotidianeidade dos momentos polos que transitamos na historia.

Galego

Circanelo

Autor: ALfredo Pérez Muíño

O teatro xestual, danza, acrobacia, malabares e outras disciplinas circenses mestúranse para crear una historia absurda, tola, sobre un artista coa intención de presentar o seu número a toda costa; e demostrar o seu amado público do que é capaz. No intento, ésta personaxe encontrarase cun montón de trabas que solucionará dunha forma un tanto particular, axudado, en ocasións, pola participación do público e dentro dun marcado rexistro clownesco.

Obra gañadora do Festival Internacional de Clown (Festiclown 2006)

Galego

Cigani & Cía

Dirección: Antón Coucheiro

Elenco: Antón Coucheiro, Manuel Payno e Martiño Mato

Os xitanos balcánicos chegan á cidade. Chegan sen papeis, infrinxindo as leis, alterando a orde pública, transgredindo tódalas normas. Non saben comportarse, son un auténtico furacán na rúa. A xente ri e chora con eles, porque todos levamos a un neno dentro con ganas de xogar.

Tocan, bailan, cantan, farán malabares con ladrillos, boxean cos seus fillos, casan coa súa muller,,, fan  de todo por arrincarlle ao público un sorriso.

Galego

W. C.ircus

Autoría colectiva

Dirección: Natalia Outeiro (Pajarito)

Unha comedia circense para escachar coa risa, con asombrosos números que abraiarán e divertirán ao público.

Confirmar datas e horas na mesma sala: Teatro Principal

Galego

Impreuna

Autoría colectiva

Dirección: Pablo Reboleiro

Elenco: Raquel Oitaven,  Pablo Reboleiro " Trasno", Antonio Delgado " Antuan", Ariñe Azkue, Alfredo Pérez " Fredi" e Óscar Páez.

Galego

Peor imposible

Autor: Isaac Rodríguez Miranda

Dirección: Walter Velázquez

Chega o novo espectáculo de Peter Punk, logo de triunfar en Galicia, España e xiras por Brasil, Italia, Palestina, Portugal. Novo circo dun dos mellores pallasos e artistas de rúa de Galicia.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos lugares onde se representa: Sala Bahía en Foz.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo